De conformidade co disposto nos artigos 44 e 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen efectuar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), e a súa eficacia quedará condicionada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.
Intentouse a notificación por correo certificado á interesada citada no anexo sen que fose posible, polo que se lle notifica por medio deste anuncio a resolución ditada no correspondente expediente.
Sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.
A interesada dispón do prazo de dous meses, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, para interpoñer recurso contencioso-administrativo, ante o órgano competente da xurisdición contencioso-administrativa.
Ourense, 7 de abril de 2017
Yago Borrajo Sánchez
Xefe territorial de Ourense
ANEXO
Destinataria: Nieves Rodríguez Álvarez.
Enderezo: r/ Rafael Bergamín, nº 51, 14A, 28043 Madrid.
Acto notificado:
Resolución do 17 de novembro de 2016 ditada pola secretaria xeral técnica por delegación da conselleira do Medio Rural, pola que se resolve o recurso de alzada interposto por Jesús Fernández Valado (prop. núm. 292), contra as bases definitivas da zona de concentración parcelaria de Santa Baia de Anfeoz (Cartelle-Ourense), cuxa parte dispositiva establece:
Estimar o recurso de alzada interposto por Jesús Fernández Valado (prop. núm. 292) contras as bases definitivas da zona de concentración parcelaria de Santa Baia de Anfeoz (Cartelle-Ourense) no sentido de modificar a clasificación da parcela nº 725 do polígono 20, de Nieves Rodríguez Álvarez (prop. núm. 578) que pasa a ser de L-6.
A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.