Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 26 de abril de 2017 Páx. 19502

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 30 de marzo de 2017 pola que se anuncia a licitación da contratación, por procedemento aberto multicriterio e tramitación ordinaria, documentalmente simplificado e non suxeito a regulación harmonizada, do contrato de obras para a rehabilitación dun edificio para dúas vivendas de promoción pública unifamiliares no barrio dos Muíños números 26 e 28, Mondoñedo (expediente LU-2014/CH 01).

1. Entidade adxudicadora.

Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS).

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: rehabilitación dun edificio para dúas VPP unifamiliares no barrio dos Muíños núm. 26 e 28, Mondoñedo, Lugo.

b) Prazo de execución: 15 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria

b) Procedemento: aberto, documentalmente simplificado.

c) Forma: multicriterio.

4. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto: catrocentos vinte e tres mil trescentos corenta e cinco euros con oitenta e oito céntimos (423.345,88 €), IVE excluído.

b) IVE (21 %): corenta e dous mil trescentos trinta e catro euros con cincuenta e nove céntimos (42.334,59 €).

c) Importe total: catrocentos sesenta e cinco mil seiscentos oitenta euros con corenta e sete céntimos (465.680,47 €).

5. Garantías.

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do importe de adxudicación (IVE excluído).

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira e técnica ou profesional: as establecidas no prego de cláusulas administrativas particulares (PCAP).

7. Obtención de documentación.

– O prego de cláusulas administrativas particulares (PCAP) e o prego de prescricións técnicas (PPT) polos cales se deberá de rexer a contratación poderanse recoller durante o prazo de presentación de proposicións no Servizo de Contratación na sede central do IGVS (polígono das Fontiñas, Área Central, s/n, Santiago de Compostela), e consultar na páxina da internet:

http://www.contratosdegalicia/resultado.jsp?N=141828

– Tamén no perfil do contratante:

http://igvs.xunta.es/web/igvs/350

8. Presentación das ofertas.

As proposicións, que se axustarán ao modelo que se inclúe no correspondente PCAP, presentaranse no rexistro da sede dos servizos centrais do IGVS antes das 14.00 horas, do vixésimo sexto (26º) día natural a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da dita oferta mediante telegrama ou fax (981 54 16 00) no mesmo día.

9. Posibilidade de variantes.

Non se admiten.

10. Apertura das ofertas.

O acto público de apertura dos sobres B (proposicións técnicas) e dos sobres C (proposicións económicas) terá lugar nos servizos centrais do IGVS, na data que será anunciada, con tres días hábiles de antelación ao da súa realización, no perfil do contratante.

11. Gastos do anuncio.

O importe dos anuncios será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 30 de marzo de 2017

A presidenta do Instituto Galego da Vivenda e Solo
P.D. (Resolución do 23.6.2010)
Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo