Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 26 de abril de 2017 Páx. 19364

IV. Oposicións e concursos

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 19 de abril de 2017, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se dispón a publicación da Orde JUS/350/2017, do 28 de marzo, pola que se convoca proceso selectivo para o ingreso, polo sistema xeral de acceso libre, no corpo nacional de médicos forenses.

De acordo co disposto no artigo 483 da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial, e mais no artigo 16 do Real decreto 1451/2005, do 7 de decembro, polo que se aproba o Regulamento de ingreso, provisión de postos de traballo e promoción profesional do persoal funcionario ao servizo da Administración de xustiza, as probas selectivas serán convocadas e resoltas polo Ministerio de Xustiza e realizaranse de forma territorializada nos distintos ámbitos en que se agruparon as vacantes.

Así mesmo, de conformidade co establecido nos mencionados artigos, as convocatorias publicaranse nos diarios oficiais das comunidades autónomas de forma simultánea á publicación no Boletín Oficial del Estado, e prevese para o suposto de que a dita simultaneidade non sexa posible que os termos e prazos establecidos na convocatoria se contarán a partir da publicación no Boletín Oficial del Estado.

Na súa virtude, en exercicio das facultades atribuídas polo artigo 15 do Decreto 72/2013, do 25 de abril, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia e da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza,

RESOLVO:

Artigo único

Publicar no Diario Oficial de Galicia a Orde JUS/350/2017, do 28 de marzo, pola que se convoca proceso selectivo para o ingreso, polo sistema xeral de acceso libre, no corpo nacional de médicos forenses, e que se insire a seguir como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 19 de abril de 2017

Juan José Martín Álvarez
Director xeral de Xustiza

ANEXO
Orde JUS/350/2017, do 28 de marzo, pola que se convoca proceso selectivo
para o ingreso, polo sistema xeral de acceso libre,
no corpo nacional de médicos forenses

En cumprimento do disposto no Real decreto 196/2015, do 22 de marzo, polo que se aproba a oferta de emprego público para o ano 2015, e co fin de atender as necesidades de persoal ao servizo da Administración de xustiza,

Este ministerio, en uso das competencias que lle están atribuídas na Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial, e mais no Real decreto 1451/2005, do 7 de decembro, polo que se aproba o Regulamento de ingreso, provisión de postos de traballo e promoción profesional do persoal funcionario ao servizo da Administración de xustiza, de conformidade coa Orde JUS/2170/2015, do 14 de outubro, pola que se establecen as bases comúns que rexerán os procesos selectivos para o ingreso ou acceso aos corpos de funcionarios ao servizo da Administración de xustiza, e logo de informe favorable da Dirección Xeral da Función Pública, acorda convocar proceso selectivo para o ingreso, polo sistema xeral de acceso libre, no corpo nacional de médicos forenses.

Excepcionalmente, optouse na presente convocatoria polo sistema de acceso de concurso-oposición, previsto no artigo 484 da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial, debido ao escaso número de prazas convocadas os últimos anos en relación coas vacantes producidas, o que produciu o incremento paulatino do número de funcionarios interinos nos institutos de medicina legal e ciencias forenses ata acadar, nalgúns casos, unha proporción moi elevada con respecto aos de carreira. É por iso que, de acordo co establecido no artigo 3.7 do Real decreto 196/2015, do 22 de marzo, polo que se aproba a oferta de emprego público para 2015, se abre a posibilidade de valorar a capacitación adquirida con base na experiencia, ao tempo que se pretende dar unha maior estabilidade aos institutos de medicina legal e ciencias forenses, facilitando que se incorpore como funcionario de carreira o persoal que xa estaba integrado e formado en boa medida, unha vez que demostre os seus coñecementos no proceso selectivo. Todo isto sen desbotar a experiencia noutros ámbitos da medicina, tanto no sector público coma no privado, que tamén poderá ser tida en conta, así como outros méritos de formación, docencia e investigación.

Esta convocatoria incorpora as novidades contidas nas leis 39/2015 e 40/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común nas administracións públicas e de réxime xurídico do sector público, respectivamente.

A presente convocatoria ten en conta o principio de igualdade de trato entre mulleres e homes polo que atinxe ao acceso ao emprego, de acordo co artigo 14 da Constitución española, co Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, coa Lei orgánica 3/2007, do 22 de marzo, para a igualdade efectiva entre mulleres e homes, e co Acordo do Consello de Ministros do 20 de novembro de 2015, polo que se aproba o II Plan para a igualdade entre mulleres e homes na Administración xeral do Estado e nos seus organismos públicos.

Tamén ten en conta os principios de igualdade de trato e non discriminación das persoas con discapacidade e os seus dereitos, de conformidade co Real decreto lexislativo 1/2013, do 29 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social, co Real decreto 1414/2006, do 1 de decembro, polo que se determina a consideración de persoa con discapacidade, e co Real decreto 2271/2004, do 3 de decembro, polo que se regula o acceso ao emprego público e a provisión de postos de traballo das persoas con discapacidade, e desenvolverase consonte as seguintes

Bases comúns

As bases comúns polas que se rexerá a presente convocatoria son as establecidas na Orde JUS/2170/2015, do 14 de outubro (BOE do 19 de outubro), en todo aquilo que non contradiga o disposto nas leis 39/2015 e 40/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común nas administracións públicas e de réxime xurídico do sector público, respectivamente. Entenderanse realizadas ás ditas leis as referencias contidas na citada orde á Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Bases específicas

1. Descrición das prazas.

1.1. Convócase proceso selectivo de acceso libre para cubrir 70 prazas das comprendidas no anexo II, epígrafe «Persoal da Administración de xustiza», do Real decreto 196/2015, do 22 de marzo, polo que se aproba a oferta de emprego público para o ano 2015, no corpo nacional de médicos forenses, a través do sistema excepcional de concurso-oposición, coa seguinte distribución territorial:

Ámbito territorial

Sistema xeral

Reserva persoas con discapacidade

Andalucía

6

-

Cataluña

14

1

Comunidade Valenciana

2

-

Galicia

2

-

Madrid

21

2

País Vasco

5

-

Ministerio de Xustiza

16

1

Total

66

4

Do total das prazas convocadas reservaranse 4 prazas, coa distribución territorial reflectida no punto 1.1, para seren cubertas por quen teña a condición legal de persoa con discapacidade en grao igual ou superior ao 33 %, de acordo co disposto no artigo 1 do Real decreto 1414/2006, do 1 de decembro, polo que se determina a consideración de persoa con discapacidade para os efectos do Real decreto lexislativo 1/2013, do 29 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social, e sempre que superen as probas selectivas.

1.2. A opción a estas prazas reservadas terá que se formular na solicitude, e deberase acreditar o grao de discapacidade segundo o establecido no artigo 2 do citado Real decreto 1414/2006, do 1 de decembro, ao igual ca a compatibilidade funcional co desempeño das tarefas propias que lle corresponden ao corpo de médicos forenses. Así mesmo, será de aplicación a Orde PRE/1822/2006, do 9 de xuño, pola que se restablecen os criterios xerais para a adaptación de tempos adicionais nos procesos selectivos para o acceso ao emprego público de persoas con discapacidade.

As prazas reservadas para persoas con discapacidade que queden desertas non se poderán acumular ás de sistema xeral.

Os aspirantes que opten pola cota de reserva para persoas con discapacidade non poderán participar polo resto de prazas do sistema xeral.

1.3. Os aspirantes só poderán participar por un ámbito territorial, e en caso de superar o proceso selectivo, obterán necesariamente destino dentro do ámbito territorial polo cal concorren. As prazas que queden desertas nun ámbito territorial non se poderán acumular a outro distinto.

1.4. As presentes bases de convocatoria publicaranse asemade no Boletín Oficial del Estado e nos boletíns oficiais das comunidades autónomas onde se convocan prazas. No suposto de que a simultaneidade non sexa posible, os termos e prazos establecidos na presente convocatoria contaranse a partir da publicación no Boletín Oficial del Estado.

2. Proceso selectivo.

2.1. O proceso selectivo realizarase mediante o sistema excepcional de concurso-oposición, cos exercicios, méritos, valoracións e puntuacións que se especifican no anexo I.

2.2. O proceso selectivo incluirá a superación dun curso selectivo teórico-práctico no Centro de Estudos Xurídicos ou nos centros, institutos ou servizos de formación ou centros de destino das comunidades autónomas polas cales concorran os aspirantes. As persoas que superasen as fases de oposición e de concurso, cuxo número non poderá ser superior ao de prazas convocadas en cada ámbito territorial, serán nomeados funcionarios en prácticas pola autoridade competente do Ministerio de Xustiza.

2.3. A cualificación final do proceso selectivo virá determinada pola suma das puntuacións finais obtidas en cada unha das fases de oposición e concurso. A valoración do idioma e dereito foral só se terá en conta para determinar a orde de puntuación no seu respectivo ámbito territorial.

2.4. En caso de empate, a orde de puntuación establecerase como segue: primará a fase de oposición; en segundo lugar, a fase de concurso; en terceiro lugar, a nota do segundo exercicio da fase da oposición. Por último, se aínda persiste o empate, primará a primeira letra do primeiro apelido empezando a contar polo «H».

3. Programa.

O programa que rexerá a fase de oposición contense no anexo III da presente convocatoria. O contido do temario para todos os exercicios da oposición axustarase á normativa publicada no Boletín Oficial del Estado na data da presente convocatoria, mesmo que aínda non entrase en vigor. Non obstante, en materia de rexistro civil exixirase só a lexislación vixente na data de publicación da presente convocatoria.

4. Titulación e outros requisitos de participación.

4.1. Para participar neste proceso selectivo é necesario cumprir todos os requisitos sinalados na base sétima das bases comúns e estar en posesión, ou en condicións de obtelo na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes, do título de licenciado ou graduado en Medicina.

4.2. Os aspirantes con titulacións obtidas no estranxeiro deberán estar en posesión da credencial que acredite a súa homologación ou, se é o caso, do correspondente certificado de equivalencia. Este requisito non lles será de aplicación aos aspirantes que obtivesen o recoñecemento da súa cualificación profesional, no ámbito das profesións reguladas, ao abeiro das disposicións de dereito da Unión Europea.

5. Solicitudes.

5.1. Para participar neste proceso selectivo deberase cubrir o modelo oficial de solicitude de admisión a probas selectivas da Administración de xustiza (modelo 790-código 007, en cuxa parte superior figura «Solicitude de admisión a probas selectivas da Administración de xustiza e liquidación da taxa de dereitos de exame»), que estará dispoñible no punto de acceso xeral (www.administracion.gob.es) en castelán e nas demais linguas oficiais das comunidades autónomas. As comunidades autónomas que oferten prazas poderán crear unha ligazón desde as súas respectivas webs a este formulario.

5.2. A presentación de solicitudes realizarase no prazo de vinte (20) días hábiles a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial del Estado. A súa non presentación en tempo e forma suporá a exclusión do aspirante.

5.3. A presentación, logo do pagamento da correspondente taxa, realizarase por algún dos seguintes medios:

a) Por vía electrónica, facendo uso do Servizo de Inscrición en Procesos-Probas selectivas do punto de acceso xeral, http://administracion.gob.es/PAG/ips, ao cal se pode acceder directamente ou a través do portal web do Ministerio de Xustiza, www.mjusticia.gob.es (Cidadáns-Emprego público), segundo as instrucións que se indican.

A presentación de instancias por este sistema implica necesariamente o pagamento electrónico da taxa de exame, que se realizará no punto indicado no parágrafo anterior.

b) En papel, no Rexistro Xeral do Ministerio de Xustiza, rúa Bolsa, nº 8, 29071 Madrid, ou nos rexistros das delegacións ou subdelegacións do Goberno da Administración xeral do Estado, así como en calquera dos órganos previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

5.4. Pagamento da taxa de dereitos de exame.

O importe da taxa por dereitos de exame será de 29,89 € (14,95 € en caso de dereito a redución do 50 %) e aboarase segundo se indica na base novena das bases comúns.

Estarán exentos do pagamento desta taxa os aspirantes que reúnan os requisitos que se indican na base novena, punto 6, das bases comúns, que deberán acreditar o seu dereito a esta exención mediante a documentación que se indica no punto 5 da dita base.

Neste caso, tamén se poderán presentar electronicamente as solicitudes anexando a dita documentación en formato dixital, segundo se establece nas instrucións previstas para a inscrición electrónica.

Non será necesario presentar a documentación acreditativa para a exención ou redución de taxa nos supostos que se indican no anexo IV desta convocatoria, que será obtida de oficio polo órgano xestor, salvo que non o consinta o solicitante.

5.5. A solicitude encherase de acordo coas instrucións que figuran nela e no anexo IV e, ademais, coas instrucións particulares seguintes:

1. O recadro relativo á «Provincia de exame» ten como finalidade a elección do ámbito territorial polo que se desexa concorrer, o que implicará os efectos previstos na base 1.3 desta convocatoria. Para o efecto, aínda que os exames terán lugar en Madrid, os aspirantes farán constar a provincia que corresponda á capital do ámbito territorial polo cal concorren. Para o caso de optar polo ámbito competencial do Ministerio de Xustiza indicarase «Madrid-órganos centrais». Se o ámbito territorial polo que se concorre non se especifica deste xeito na solicitude ou ben se indica un ámbito non convocado, a solicitude non poderá ser admitida.

2. Para o caso de aspirantes con discapacidade:

a) Os aspirantes con discapacidade farán constar no recadro 21 o grao de discapacidade que teñan recoñecido e no recadro 23 «Adaptación que solicita en caso de discapacidade», expresarán as adaptacións de tempo e medios que poidan, se é o caso, requirir, co fin de que o tribunal conte coa necesaria información para a adaptación na realización dos exercicios.

Deberase neste caso fornecer, ademais, o ditame técnico-facultativo acerca da procedencia da adaptación solicitada, emitido polo órgano técnico de valoración que determinou o grao de discapacidade.

b) Os aspirantes con discapacidade con grao igual ou superior ao 33 % que opten polas prazas de reserva para persoas con discapacidade que se indican na base 1.2 deberano facer constar elixindo o valor «SI» no recadro 22.

3. Os aspirantes que concorran polo ámbito territorial correspondente a comunidades autónomas con lingua oficial propia poderán acreditar o seu coñecemento desta por medio de dous sistemas:

a) A realización dunha proba optativa, en cuxo caso escribirán a palabra «Realiza» no recadro «Proba optativa de idioma» do recadro 25, denominada «Datos para consignar segundo as bases da convocatoria».

b) A acreditación documental do dito coñecemento, para o cal deberán escribir a palabra «Documenta» no recadro do punto anterior e remitir no momento oportuno e nos termos previstos nesta convocatoria as certificacións acreditativas do coñecemento do referido idioma.

Para aqueles opositores que non teñan acreditada a puntuación máxima que se poderá outorgar por este concepto cabe a posibilidade de acollerse a ambos os sistemas, achegando a certificación correspondente ao nivel que teñan acreditado e presentándose ao exame optativo do nivel inmediatamente superior. Neste caso deberán escribir no mesmo recadro «Documenta e realiza».

Do mesmo modo se procederá, se é o caso, respecto do coñecemento do dereito civil foral do País Vasco, escribindo no recadro 25 «Proba optativa de dereito foral».

6. Tribunal.

6.1. O tribunal cualificador deste proceso selectivo figura no anexo II desta convocatoria.

Se ao longo do proceso selectivo, por renuncia dos interesados ou por outras causas xustificadas, resulta preciso substituír algún membro do tribunal, a substitución terá lugar pola orde que será publicada no Boletín Oficial del Estado.

6.2. O tribunal terá a categoría primeira das previstas no anexo IV do Real decreto 462/2002, do 24 de maio, sobre indemnizacións por razón do servizo.

6.3. Para efectos de comunicacións e demais incidencias, o tribunal cualificador terá a súa sede na rúa San Bernardo, 21, 28015 Madrid (teléfonos: 902 00 72 14, 918 37 22 95).

6.4. A información sobre estas probas selectivas facilitarase a través da web do Ministerio de Xustiza (www.mjusticia.gob.es-Sección: Cidadáns-Emprego Público), e no punto de acceso xeral (www.administracion.gob.es). A información tamén poderá estar dispoñible nas webs das comunidades autónomas onde se convocan prazas, mediante unha ligazón á web do Ministerio de Xustiza.

7. Desenvolvemento do proceso selectivo.

7.1. Orde de actuación.

A orde de actuación dos opositores iniciarase alfabeticamente por aqueles cuxo apelido principie pola letra «H», de conformidade co previsto na Resolución do 24 de febreiro de 2016, da Secretaría de Estado de Administracións Públicas (BOE do 26 de febreiro).

7.2. Duración do proceso selectivo.

Bardante que concorra causa obxectiva que o xustifique, apreciada pola Secretaría de Estado de Xustiza, oído o tribunal, se é o caso, o proceso selectivo terá unha duración máxima de doce (12) meses contados a partir da data de realización do primeiro exercicio ata a data de comezo do curso selectivo.

7.3. Fase de oposición.

Os exercicios detállanse no anexo I-A e efectuaranse en Madrid. A data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio publicarase no Boletín Oficial del Estado e nos boletíns oficiais das comunidades autónomas que convoquen prazas.

O primeiro exercicio da fase de oposición terá lugar dentro dos corenta e cinco (45) días seguintes ao da publicación da resolución pola cal se eleva a definitiva a relación de admitidos e excluídos.

Concluído cada un dos exercicios da oposición, o tribunal fará públicas na web do Ministerio de Xustiza as listas de opositores de cada ámbito territorial que acadaron o mínimo establecido para superalo, con indicación da puntuación obtida, e emprazará os incluídos nas ditas listas para a realización do seguinte exercicio.

Os opositores que non se atopen incluídos nas respectivas relacións terán a consideración de non aptos e quedarán eliminados do proceso selectivo.

7.4. Fase de concurso.

Na mesma resolución en que se fagan públicas as relacións de aprobados da fase de oposición, unha vez finalizada esta, establecerase un prazo de vinte (20) días hábiles para que os aspirantes que superen a fase de oposición presenten toda a documentación acreditativa dos méritos valorables na fase de concurso. A dita documentación dirixirase ao tribunal cualificador e poderase presentar a través da sede electrónica do Ministerio de Xustiza ou por calquera dos medios establecidos na base 5.3.b).

Os méritos avaliables contéñense no baremo establecido no anexo I-B desta convocatoria, e só se computarán os causados ata a data de finalización do prazo establecido na base 5.2.

O tribunal cualificador valorará os méritos segundo as certificacións achegadas e publicará na web do Ministerio de Xustiza as relacións de aspirantes coa valoración provisional de méritos da fase de concurso, con indicación da puntuación obtida en cada mérito e da total. Os aspirantes disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, a partir do seguinte ao da publicación das anteditas relacións, para efectuar as alegacións pertinentes.

Concluído o prazo e resoltas as alegacións, o tribunal publicará na web do Ministerio de Xustiza a relación coa valoración definitiva dos méritos da fase de concurso dos aspirantes e mais a puntuación total obtida nas fases de concurso e oposición, clasificados por orde de maior a menor posición. Os opositores incluídos nesta última relación terán superadas as fases de oposición e concurso, e o seu número non poderá exceder en ningún caso o número de prazas convocadas.

7.5. Valoración do coñecemento das linguas oficiais propias das comunidades autónomas e do dereito civil foral da Comunidade Autónoma do País Vasco.

O tribunal acordará a apertura do prazo de vinte (20) días hábiles para que os aspirantes comprendidos na relación de aprobados presenten a documentación acreditativa do coñecemento das linguas oficiais propias das comunidades autónomas e convocará, para a realización do exercicio de carácter voluntario e non eliminatorio, os que solicitaron a proba optativa de idioma na instancia. Esta realizarase de acordo co baremo establecido no anexo I-C e só producirá efectos para a adxudicación de destinos na comunidade autónoma correspondente.

Para aqueles opositores que, de acordo co disposto na base 5.5.3, optasen por ambos os sistemas, a puntuación outorgada será a máis alta que, se é o caso, corresponda, sen que en ningún caso poida ser acumulativa.

Do mesmo modo e cos mesmos efectos, procederase para a valoración dos coñecementos do dereito civil foral da Comunidade Autónoma do País Vasco.

Por razóns de economía de tempo, o tribunal poderá acordar que estas valoracións e probas se realicen simultaneamente á fase de concurso para todos aqueles que superaron a fase de oposición, para o cal se aplicaría o prazo establecido na base 7.4. A valoración e os resultados nun e noutro caso publicaranse só respecto dos aspirantes que superasen as fases de oposición e concurso.

7.6. Embarazo de risco e parto.

Se algunha das aspirantes non pode completar o proceso selectivo por mor de embarazo de risco ou parto, debidamente acreditados, a súa situación quedará condicionada á finalización destes e á superación das fases que quedasen aprazadas, sen que se poidan demorar estas de maneira que se menoscabe o dereito do resto dos aspirantes a unha resolución do proceso axustada a tempos razoables, o que deberá ser valorado polo tribunal. En todo caso, a realización daquelas terá lugar antes da publicación da lista de aspirantes que superaron o proceso selectivo.

7.7. Unha vez terminada a valoración do coñecemento das linguas oficiais propias das comunidades autónomas e do dereito civil foral, o tribunal elevará ao Ministerio de Xustiza unha proposta coa relación de aprobados en cada ámbito territorial, cuxo número non poderá superar o de prazas convocadas, que se publicará no Boletín Oficial del Estado e nos diarios oficiais das comunidades autónomas onde se convoquen prazas, con indicación do número de orde, apelidos e nome, DNI, puntuación obtida en cada un dos exercicios e puntuación total de todos os exercicios obrigatorios e da fase de concurso. Xunto con esta nota total pero separada e sen sumarse a ela, figurará, se é o caso, a obtida na lingua oficial propia da comunidade autónoma por cuxo ámbito territorial concorre, así como a obtida polo coñecemento do dereito civil foral da Comunidade Autónoma do País Vasco.

No suposto de que algún dos aspirantes con discapacidade que se presentase por esta cota de reserva supere os exercicios correspondentes pero non obteña praza, e a súa puntuación sexa superior á obtida polos aspirantes da quenda xeral, será incluído pola súa orde de puntuación nesta última quenda.

8. Presentación de documentación e nomeamento de funcionarios en prácticas.

8.1. Os aspirantes que figuren na relación definitiva de aprobados presentarán no prazo de vinte (20) días hábiles contados a partir da publicación no Boletín Oficial del Estado e diarios oficiais das comunidades autónomas onde se convocan prazas, polos medios establecidos na base 5.3, a documentación seguinte:

a) Certificado médico acreditativo de non padecer enfermidade nin defecto físico ou psíquico que imposibilite para o exercicio das funcións propias do corpo nacional de médicos forenses, expedido polo facultativo de medicina do Sistema nacional de saúde que lle corresponda ao interesado.

b) Os aspirantes que teñan a condición legal de persoas con discapacidade con grao igual ou superior ao 33 % deberán presentar certificación dos órganos competentes que acredite tal condición e a súa capacidade funcional para desempeñar as tarefas e funcións propias do corpo nacional de médicos forenses.

c) Os aspirantes que, na súa solicitude de participación inicial, se opuxesen expresamente a que os seus datos de identidade persoal e os referidos ás súas titulacións ou certificacións académicas poidan ser verificados de oficio polo órgano instrutor deste proceso selectivo deberán presentar tamén:

– Copia do documento nacional de identidade ou equivalente.

– Copia auténtica do título exixido na convocatoria ou certificación académica acreditativa de ter aprobadas todas as materias que os capaciten para a súa obtención, e xuntarán o documento xustificativo de ter aboados os dereitos para a súa expedición.

– En caso de titulacións obtidas no estranxeiro deberá presentarse a documentación que acredite a súa homologación ou certificado de equivalencia.

8.2. Ante a imposibilidade, debidamente xustificada, de presentar os documentos expresados no punto anterior, poderase acreditar que se posúen as condicións exixidas na convocatoria mediante calquera medio de proba admisible en dereito.

Os interesados responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Os aspirantes que teñan a condición de funcionarios públicos estarán exentos de xustificar aquelas condicións e requisitos xa demostrados para obter o seu anterior nomeamento, e deberán presentar certificación do ministerio ou organismo de que dependan pola que se acredite a súa condición e requisitos para seren nomeados funcionarios do corpo nacional de médicos forenses.

8.3. Aqueles que, dentro do prazo fixado, e agás causa de forza maior, non presentaren a documentación ou no caso de que do exame desta se deduza que carecen dalgún dos requisitos establecidos, non poderán ser nomeados funcionarios en prácticas e quedarán anuladas as súas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade en que puidesen incorrer por falsidade na solicitude inicial.

Neste caso, ou no suposto de renuncia dalgún dos aspirantes, e sempre que o tribunal propuxese tantos aspirantes coma prazas convocadas, o Ministerio de Xustiza requiriralle a este último unha relación complementaria de aspirantes que sigan aos propostos, ata completar o total de prazas convocadas.

Neste suposto, os aspirantes incluídos nesta relación complementaria deberán presentar a documentación acreditativa que se detalla nesta mesma base no prazo de cinco (5)días hábiles desde a súa publicación na web do Ministerio de Xustiza.

Os opositores afectados que concorran por algún dos ámbitos territoriais que teñan establecida a valoración de lingua oficial propia e de dereito foral serán convocados, se é o caso, á realización da correspondente proba optativa, ou seralles incorporada a puntuación que corresponda á acreditación documental que proporcionasen.

8.4. Unha vez comprobado que os aspirantes reúnen os requisitos da base 4 da presente convocatoria e da sétima das bases comúns, a autoridade competente do Ministerio de Xustiza ditará resolución, que será publicada na web do Ministerio de Xustiza, en que se nomeen funcionarios en prácticas os aspirantes que superaron as probas selectivas e se convoquen á realización do curso selectivo.

9. Curso selectivo.

9.1. Os funcionarios en prácticas serán destinados ao centro, instituto ou servizo de destino do ámbito territorial polo que concorren que o Ministerio de Xustiza e as comunidades autónomas que convocan prazas determinen, para o desenvolvemento dun curso selectivo.

O curso selectivo, organizado polo Centro de Estudos Xurídicos ou órgano competente das comunidades autónomas correspondentes, poderá consistir na realización de prácticas tuteladas nun instituto de medicina legal e ciencias forenses ou centro similar, por un período de seis meses, para o cal se nomeará un titor do propio instituto.

O curso selectivo será cualificado polo Centro de Estudos Xurídicos ou órgano competente das comunidades autónomas correspondentes como apto ou non apto, e deberase obter a cualificación de apto para a súa superación. En caso de realización de prácticas tuteladas, o titor efectuaralles aos centros competentes unha proposta de cualificación de cada aspirante.

Aqueles que non superen o curso selectivo perderán o dereito ao seu nomeamento como funcionarios de carreira. Os que non o poidan realizar ou concluír por causas de forza maior cesarán na súa condición de funcionarios en prácticas, mais poderán ser nomeados como tales no curso inmediatamente posterior que se convoque da mesma clase conservando a puntuación obtida no concurso-oposición a que se refire a presente convocatoria.

9.2. Finalizado o curso selectivo continuarán prestando servizos como funcionarios en prácticas ata o seu nomeamento definitivo como funcionarios de carreira no mesmo instituto ou centro onde realizaron as prácticas.

Os aspirantes que se encontren en activo como funcionarios interinos do corpo de médicos forenses e que prestaran servizos efectivos neste corpo polo menos un ano continuado durante o ano anterior a esta convocatoria, ou durante máis de dieciocho (18) meses nos últimos cinco anos, quedarán exentos da fase de prácticas tuteladas nos institutos de medicina legal e ciencias forenses ou centros designados, que lles serán validados coa cualificación de apto.

Para estes exclusivos efectos computaranse os servizos prestados, así como o prazo de cinco anos, ata a data de finalización do prazo regulado na base 5.2.

9.3. Todos os funcionarios en prácticas teñen os dereitos e deberes que se recollen no artigo 25 do Regulamento de ingreso, provisión de postos de traballo e promoción profesional do persoal funcionario ao servizo da Administración de xustiza, aprobado polo Real decreto 1451/2005, do 7 de decembro (BOE do 27 de decembro).

9.4. Cunha antelación de polo menos trinta (30) días hábiles á data prevista de finalización do curso selectivo, o Ministerio de Xustiza e as comunidades autónomas que ofertan prazas farán pública a relación das prazas dispoñibles en cada ámbito territorial e abrirase un prazo de dez (10) días hábiles para que os aspirantes formulen solicitude de destino cos requirimentos que, se é o caso, se establecesen na dita oferta.

10. Nomeamento como funcionario de carreira.

10.1. Concluído o período de prácticas e incorporada a puntuación obtida nel, os aspirantes que o superasen e que acreditasen cumprir os requisitos exixidos, cuxo número non poderá exceder en ningún caso o de prazas convocadas en cada ámbito territorial, serán nomeados funcionarios de carreira mediante orde, que se publicará no Boletín Oficial del Estado e nos diarios oficiais das comunidades autónomas con competencias asumidas, e que conterá a indicación do destino adxudicado.

Dado o carácter nacional do corpo de médicos forenses, para o nomeamento como funcionarios de carreira confeccionaranse, se é o caso, dúas listas en cada ámbito territorial, unha na cal se consignarán as puntuacións obtidas nas fases comúns e obrigatorias do proceso selectivo, e outra con especificación da puntuación obtida na valoración da lingua oficial propia das comunidades autónomas e do dereito civil foral da Comunidade Autónoma do País Vasco.

10.2. De acordo co disposto na base 15.2 das bases comúns, se antes do nomeamento ou toma de posesión algún dos aspirantes renuncia á súa praza, e sempre que o tribunal cualificador propuxese tantos aspirantes como prazas convocadas, o Ministerio de Xustiza requiriralle a este último unha relación complementaria de aspirantes que sigan aos propostos, ata completar o total de prazas convocadas.

No último suposto os aspirantes incluídos nesta relación complementaria, precedendo exame ou valoración do idioma autonómico, se procede, e unha vez proporcionada a documentación acreditativa do cumprimento dos requisitos exixidos, serán nomeados funcionarios en prácticas e convocados á realización do curso selectivo na seguinte convocatoria que se realice, salvo que corresponda a validación segundo o establecido na base 9.2, daquela procederase ao seu nomeamento.

11. Norma derradeira.

Ao presente proceso selectivo seranlle de aplicación a Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial; o Real decreto 1451/2005, do 7 de decembro (BOE do 27 de decembro), polo que se aproba o Regulamento de ingreso, provisión de postos de traballo e promoción profesional do persoal funcionario ao servizo da Administración de xustiza; o Real decreto 196/2015, do 22 de marzo, polo que se aproba a oferta de emprego público de 2015; a Orde JUS/2170/2015, do 14 de outubro, pola que se establecen as bases comúns que rexerán os procesos selectivos para ingreso ou acceso aos corpos de funcionarios ao servizo da Administración de xustiza; as leis 39/2015 e 40/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común nas administracións públicas e de réxime xurídico do sector público, e o disposto na presente convocatoria.

Con carácter supletorio, no non previsto nesta convocatoria atenderase ao disposto no Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, e ao resto de normativa vixente na materia.

Contra a presente convocatoria poderase interpor recurso de reposición ante o ministro de Xustiza no prazo dun mes desde a súa publicación ou ben recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante a Audiencia Nacional, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. En caso de interpor recurso de reposición, non se poderá interpor recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto expresamente ou se produza a súa desestimación presunta.

Así mesmo, a secretaria de Estado poderá, se é o caso, proceder á revisión das resolucións do tribunal, conforme o previsto na citada Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Madrid, 28 de marzo de 2017. O ministro de Xustiza, P.D. (Orde JUS/696/2015, do 16 de abril). A secretaria de Estado de Xustiza, Carmen Sánchez Cortés Martín.

Índice de anexos

Anexo I A. Descrición do proceso selectivo.

B. Descrición da fase de concurso. Baremo de méritos.

C. Valoración do coñecemento das linguas oficiais propias das
comunidades autónomas e do dereito civil foral da Comunidade Autónoma
do País Vasco.

Anexo II Composición do tribunal.

Anexo III Programa da oposición.

Anexo IV Instrucións para cubrir a solicitude de admisión.

ANEXO I

A. Descrición do proceso selectivo.

A fase de oposición estará formada polos seguintes exercicios obrigatorios:

1.1. Primeiro exercicio. De carácter teórico, escrito e eliminatorio. Consistirá en contestar un cuestionario-test sobre as materias da primeira parte (primeiro exercicio) do programa que se contén no anexo III desta convocatoria. Constará de 100 preguntas e 5 preguntas de reserva do contido do programa, con 4 respostas alternativas, das cales só unha delas é a correcta.

Cualificarase de 0 a 30 puntos.

As preguntas acertadas valoraranse con 0,3 puntos; as preguntas non acertadas e aquelas que teñan respostas múltiples descontarán 0,075 puntos; as preguntas non contestadas non serán puntuadas.

A puntuación obtida por cada aspirante corresponderase co número de respostas acertadas, feita a dedución das non acertadas.

A puntuación mínima necesaria para superar este exercicio será de 15 puntos.

Os opositores que non alcancen esta puntuación mínima terán a consideración de suspensos e non serán convocados aos restantes exercicios da oposición.

O tempo para a realización deste exercicio será de dúas horas.

1.2. Segundo exercicio. De carácter teórico, oral e eliminatorio. Consistirá en desenvolver oralmente ante o tribunal catro temas extraídos a sortes, de entre as materias da segunda parte do programa (segundo exercicio), un por cada unha das seguintes materias ou bloques de materias: un tema de patoloxía forense; un tema de sexoloxía forense e medicina legal do neonato e de criminalística; un tema de tanatoloxía forense e un tema de psiquiatría forense.

O opositor disporá dun máximo de 60 minutos para desenvolver os catro temas, sen que lle deba conceder a ningún deles máis de 20 minutos.

Antes do inicio do desenvolvemento do exercicio o opositor disporá de 15 minutos para a súa preparación e poderá elaborar, se o desexa, uns esquemas que terá á vista durante a exposición oral, xunto co programa que lle facilitará o tribunal, mais sen poder consultar ningún outro libro, texto legal ou papel escrito.

Finalizada a exposición de cada un dos temas, o tribunal poderá invitar o opositor a retirarse se aprecia unha manifesta deficiencia na exposición.

Finalizada a exposición de todos os temas, o tribunal poderá abrir un diálogo co aspirante por un tempo máximo de 15 minutos, en que este deberán contestar ás aclaracións que soliciten ou ás observacións que formulen os membros do tribunal.

Tras deliberación a porta cerrada ao terminar cada sesión, o tribunal decidirá por maioría de votos emitidos, e será de calidade o do presidente, o aprobado ou suspenso de cada opositor examinado, sen que se poida entrar a deliberar sobre a exposición daqueles opositores que deixasen sen desenvolver en absoluto algún dos temas, que deberán ser en todo caso suspendidos.

O número de puntos que poderá conceder cada membro do tribunal aos opositores aprobados será de 10 puntos por cada un dos temas desenvolvidos. As puntuacións serán sumadas, sen incluír nin a máis alta nin a máis baixa, e o total que resulte dividirase, despois de feita esta dedución, polo número de vogais asistentes cuxa cualificación se computou. A cifra do cociente constituirá a cualificación, cuxo máximo posible para catro temas é de 40 puntos. Será necesario un mínimo de 20 puntos para superar este exercicio.

1.3. Terceiro exercicio. De carácter práctico, escrito e eliminatorio. Consistirá en redactar un informe médico forense dun suposto práctico formulado polo tribunal e relacionado cos temas do programa, que se desenvolverá no tempo máximo de 2 horas.

Posteriormente, procederase á lectura en sesión pública do exercicio polos aspirantes e a cualificación do exercicio efectuarase por asignación de puntos de cada membro do tribunal segundo a metodoloxía exposta no punto anterior, cunha puntuación máxima de 30 puntos, e será necesario un mínimo de 15 puntos para superar este exercicio.

1.4. Finalizados os tres exercicios da oposición, o tribunal fará públicas as listas de aprobados de cada un dos ámbitos territoriais, que incluirá, ordenados de maior a menor puntuación total acumulada dos tres exercicios, os opositores que aprobasen cada un dos exercicios. Para superar a fase de oposición será necesario un mínimo de 50 puntos.

1.5. Aos aspirantes que obteñan en calquera destes exercicios unha puntuación igual ou superior ao 60 % da nota máxima prevista nos parágrafos que anteceden conservaráselles a nota para a convocatoria inmediatamente posterior, sempre que o contido do temario, os exercicios e o seu modo de cualificación sexan idénticos.

B. Descrición da fase de concurso. Baremo de méritos.

Na fase de concurso valoraranse os méritos que acheguen os opositores que superasen todos os exercicios da fase de oposición, segundo o baremo establecido neste anexo.

O aspirante que non achegue méritos, ou cuxos méritos non sexan avaliables de acordo co referido baremo, será cualificado con cero puntos nesta fase.

A acreditación do tempo de servizos prestados como funcionario interino na Administración de xustiza, no ámbito do Ministerio de Xustiza, proporcionaraa de oficio o órgano competente, desde o nomeamento do funcionario.

En caso de que prestase servizo no ámbito doutras administracións ou entidades públicas ou privadas, o interesado deberá achegar a información sobre os servizos prestados: certificación polo órgano competente no caso de funcionario de carreira, e noutro caso, certificación de vida laboral emitida pola Tesouraría Xeral da Seguridade Social e copia dos contratos de que derive a experiencia, con indicación do tipo de actividade desenvolvida.

Realizada a valoración, o tribunal fará pública a lista definitiva dos aspirantes coa cualificación dos méritos obtidos, por orde de puntuación de maior a menor.

Baremo de méritos:

I. Formación (ata un máximo de 20 puntos).

• Académica (ata 10 puntos):

– Especialidade en Medicina Legal e Forense (3 puntos).

– Outras especialidades médicas (2 puntos por cada especialidade).

• Posgrao (ata 10 puntos):

– Título de doutor (2 puntos).

– Máster, experto universitario ou especialista en disciplinas relacionadas coa actividade (valoraranse créditos ECTS ou horas lectivas: 0,05 puntos por crédito ECTS ou 0,002 puntos por hora lectiva).

II. Actividade laboral (ata un máximo de 40 puntos).

En Administración pública ou organismo público (ata 30 puntos):

– Interinidade como médico forense na Administración de xustiza (ata 20 puntos: 0,20 puntos por cada mes completo de servizos efectivos prestados).

– Servizos prestados como médico en centros hospitalarios ou sanitarios públicos (ata 10 puntos: 0,10 puntos por cada mes completo).

En organismo privado (ata 10 puntos):

– Por servizos prestados como médico en centros hospitalarios ou sanitarios privados (ata 10 puntos: 0,05 puntos por cada mes completo).

No se computarán os períodos inferiores a un mes.

III. Actividade docente e investigadora (ata un máximo de 10 puntos).

– Docencia na área de Medicina Legal e Forense en institucións de rango universitario de carácter público ou privado (0,20 puntos por cada mes completo de servizos efectivos prestados).

– Publicacións de artigos en revistas indexadas en JCR (Journal Citation Reports), libros ou capítulos de libro (ata 0,5 puntos por artigo ou capítulo proporcionalmente e segundo índice de impacto ou calidade da editorial).

– Participación en proxectos de investigación financiados en convocatoria pública (0,5 puntos por proxecto de investigación).

IV. Coñecemento de idiomas estranxeiros (ata 4 puntos).

Valoraranse unicamente aqueles títulos que consten no cadro de equivalencias de exames oficiais do Marco europeo de referencia para as linguas, e o de categoría superior inclúe o previo:

– Coñecementos de nivel B1 ou B2 (usuario independente): 2 puntos.

– Coñecementos de nivel C1 ou C2 (usuario competente): 3 puntos.

– Non se valorarán os coñecementos de nivel básico ou elemental.

C. Avaliación do coñecemento das linguas oficiais propias das comunidades autónomas e do dereito civil foral da Comunidade Autónoma do País Vasco.

1. Coñecementos das linguas oficiais propias das comunidades autónomas.

Para os opositores que concorran por algún dos ámbitos territoriais correspondentes a comunidades autónomas con lingua oficial propia e que así o fixesen constar na súa solicitude de participación, unha vez finalizadas tanto a fase de oposición coma a de concurso e establecidas as listas de aprobados que obtiveron praza, procederase á avaliación do coñecemento das linguas oficiais propias das comunidades autónomas, bardante que proceda o establecido no último parágrafo da base 7.5. A avaliación consistirá na acreditación do coñecemento da lingua oficial da dita comunidade mediante as certificacións que presentasen canda a instancia de participación ou mediante a realización dunha proba de nivel de coñecementos.

A puntuación da valoración do coñecemento da lingua oficial da comunidade autónoma só será aplicable no ámbito da comunidade autónoma respectiva para os únicos efectos de establecer o número na relación de aprobados dentro do ámbito territorial polo cal concorre o aspirante, polo que se deberá reflectir separada da obtida nos exercicios obrigatorios.

Cualificarase cun máximo de 18 puntos de acordo co nivel de coñecementos demostrado polo aspirante e os criterios de valoración establecidos a seguir:

Criterios de valoración de lingua autonómica: a valoración do coñecemento da lingua autonómica efectuarase consonte os seguintes criterios:

• No ámbito da Comunidade Autónoma de Cataluña:

De conformidade co Decreto 3/2014, do 7 de xaneiro, polo que se modifica o Decreto 152/2001, do 29 de maio, sobre avaliación e certificación de coñecementos de catalán (DOGC núm. 6536, do 9 de xaneiro de 2014), e mais co Decreto 180/2014, do 30 de decembro, sobre o certificado de coñecementos de linguaxe xurídica (nivel J) (DOGC núm. 6780, do 31 de decembro de 2014), o coñecemento oral e escrito do catalán e o coñecemento da linguaxe xurídica (nivel J) debidamente acreditados por medio de certificación da Dirección Xeral de Política Lingüística e polo centro de Estudos Xurídicos e Formación Especializada ou equivalentes, supón o recoñecemento, só para estes efectos, de ata 18 puntos segundo o nivel de coñecementos acreditados nos termos seguintes:

1) Certificado de nivel B2 (ata xaneiro de 2014, nivel B) ou títulos homologados: 6 puntos.

2) Certificado de nivel C1 (ata xaneiro de 2014, nivel C) ou títulos homologados: 12 puntos.

3) Certificado do nivel C2 (ata xaneiro de 2014, nivel D) ou títulos homologados: 18 puntos.

4) Certificado de coñecemento de linguaxe xurídica nivel J: 18 puntos.

• No ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia:

– Certificado Celga 4 ou similar: 6 puntos.

– Curso de linguaxe xurídica medio: 12 puntos.

– Curso de linguaxe xurídica superior: 18 puntos.

A acreditación do coñecemento de idioma efectuarase mediante a achega dos certificados da Secretaría Xeral de Política Lingüística ou os equivalentes segundo a Orde do 16 de xullo de 2007, da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza (DOG do 30 de xullo) e a Orde do 1 de abril de 2005 (DOG do 14 de abril).

• No ámbito da Comunidade Autónoma do País Vasco:

De acordo co establecido no Decreto 86/1997, do 15 de abril, polo que se regula o proceso de normalización de uso do éuscaro nas administracións públicas da Comunidade Autónoma do País Vasco, e mais no Decreto 174/2010, do 29 de xuño, de normalización lingüística da Administración de xustiza na Comunidade Autónoma de Euskadi:

Perfil lingüístico 2: 6 puntos.

Perfil lingüístico 3: 12 puntos.

Perfil lingüístico 4: 18 puntos.

• No ámbito da Comunidade Valenciana:

Certificado de grao elemental (B1): 6 puntos.

Certificado de grao medio (C1): 12 puntos.

Certificado de grao superior (C2): 18 puntos.

A acreditación documental do coñecemento do valenciano efectuarase mediante o fornecemento do correspondente certificado expedido ou homologado pola Junta Qualificadora de Coneixements de Valencià.

2. Avaliación dos coñecementos do dereito civil foral da Comunidade Autónoma do País Vasco.

Para os aspirantes que concorran polo ámbito territorial da Comunidade Autónoma do País Vasco que así o fixesen constar na súa solicitude procederase, nos mesmos termos e cos mesmos efectos que se detallaron no punto anterior, á avaliación dos seus coñecementos do dereito civil foral do País Vasco, e outorgaranse por este concepto 6 puntos, que se reflectirán en todo caso separados dos obtidos nos exercicios obrigatorios e só producirán efectos para establecer a orde de prelación dentro do ámbito territorial da Comunidade Autónoma do País Vasco.

Criterios de valoración:

A) A documentación válida para aqueles opositores que opten pola acreditación documental é a seguinte:

1. Licenciatura en Dereito, cursando como materias:

a) Dereito Civil Foral e Autonómico do País Vasco.

I. UD, Plan 1953: 90 horas.

II. UD, Plan 1998: 60 horas.

b) Dereito Civil Foral do País Vasco 1.

I. UD, Plan 1993: 30 horas.

2. Grao en Dereito, cursando como materia Dereito Civil e Autonómico Vasco (6 créditos).

3. Máster en Dereito Civil Foral e Autonómico do País Vasco: 540 horas (54 créditos).

4. Diploma de especialización en Dereito Civil Foral do País Vasco (presencial): 220 horas (22 créditos).

5. Diploma de especialización en Dereito Civil Vasco (en liña): 210 horas (21 créditos).

6. Doutoramento en Dereito: mínimo 60 horas (6 créditos):

a) Título de doutor en Dereito, con tese sobre Dereito Civil Foral do País Vasco.

b) Cursos de doutoramento en Dereito sobre Dereito Civil Foral do País Vasco.

B) Para aqueles opositores que opten por realizar o exame, este consistirá na contestación a un cuestionario tipo test de 40 preguntas con catro respostas alternativas, das cales só unha é correcta.

As respostas acertadas valoraranse cun punto. As respostas incorrectas ou as preguntas non contestadas non serán puntuadas. Para superar o exercicio é preciso obter un mínimo de 20 puntos.

O cuestionario versará sobre o temario seguinte:

Temario para exame:

1. Marco normativo sistema de fontes: competencia da Comunidade Autónoma do País Vasco en materia de dereito civil foral. Leis sobre o dereito civil foral do País Vasco. Fontes do dereito foral: sistema de fontes do dereito civil foral do País Vasco; o dereito supletorio. Natureza das leis do dereito civil vasco.

2. Foro civil de Bizkaia. Ámbito territorial e persoal: o Infanzonado e as vilas. Biscaíños aforados e non aforados. Nacionalidade e veciñanza dos estranxeiros en Bizkaia.

3. Foro civil de Bizkaia. Troncalidade, definición. Sucesión forzosa. Lexítima e lexitimarios. Sucesión testada, formas testamentarias propias do dereito civil foral do País Vasco.

4. Foro civil de Bizkaia. Réxime económico matrimonial. Fixación e variación. Réxime legal supletorio e normas para a súa determinación. Comunicación foral, nacemento, consolidación e cesamento.

5. Foro civil de Araba: ámbito territorial e persoal. Foro Civil de Gipuzkoa: ámbito territorial, persoal e funcional.

ANEXO II
Composición do tribunal

Tribunal titular:

Presidenta: Carmen Álvarez Theurer, maxistrada.

Vogais:

Dulce Doval Sancho, funcionaria do grupo A1 destinada no Ministerio de Xustiza.

Marta Grijalba Mazo, médica forense.

Celeste Justina Mata Rivera, médica forense.

César Borobia Fernández, profesor titular de universidade de Medicina Legal.

Aina María Estarellas Roca, médica forense.

Secretaria: Paula Vega Lorenzo, funcionaria do grupo A1 destinada no Ministerio de Xustiza.

Tribunal suplente:

Presidenta: Noelia González Garrote, fiscal.

Vogais:

Vidal Santos Yusta, médico forense.

Begoña Bravo Serrano, facultativa do INTCF.

Enrique Dorado Fernández, médico forense.

Juan José Payo Barroso, médico forense.

Jaime Feliu García, funcionario do grupo A1 destinado na Comunidade Autónoma do País Vasco.

Secretaria: María Yribarren Muñoz, funcionaria do grupo A1 destinada no Ministerio de Xustiza.

ANEXO III
Programa da oposición para ingreso no corpo de médicos forenses

Primeiro exercicio.

I. Organización da medicina forense. Dereito e medicina.

Tema 1. A Constitución española de 1978. Estrutura da organización do Estado: a Coroa. As Cortes Xerais. O Goberno e a Administración. O Tribunal Constitucional. Organización territorial do Estado: as comunidades autónomas. Dereitos fundamentais e liberdades públicas. A protección da saúde nos principios reitores da política social económica.

Tema 2. A Unión Europea. Competencias da Unión Europea. Institucións e órganos da Unión Europea: o Parlamento Europeo, o Consello Europeo, o Consello de Ministros da Unión Europea, a Comisión Europea, o Tribunal de Xustiza da Unión Europea, o Tribunal de Contas.

Tema 3. Os dereitos humanos no ámbito universal, europeo e español. A igualdade de oportunidades entre homes e mulleres. O artigo 14 da Constitución española: a non discriminación por razón de sexo. A igualdade de sexo no ámbito xurídico civil. Consecuencias penais da discriminación por razón de sexo. A igualdade de sexo no ámbito xurídico laboral. A conciliación familiar.

Tema 4. Dereito de igualdade e non discriminación por razón de xénero: especial referencia á Lei orgánica 3/2007, para a igualdade efectiva de mulleres e homes. A Lei orgánica 1/2004, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero. Antecedentes. Obxecto e principios reitores. Medidas de sensibilización, prevención e detección. Dereitos das mulleres vítimas da violencia de xénero. Tutela institucional.

Tema 5. Organización da Administración de xustiza: referencia á organización e competencias do Tribunal Supremo, Audiencia Nacional, tribunais superiores, audiencias provinciais, xulgados de primeira instancia e instrución, xulgados do penal, xulgados do social, xulgados de vixilancia penitenciaria, xulgados de menores e xulgados de violencia sobre a muller. As unidades de valoración integral de violencia de xénero: organización. Funcións.

Tema 6. O Poder Xudicial. O Consello Xeral do Poder Xudicial, maxistrados e xuíces. O Ministerio Fiscal. O letrado da Administración de xustiza. Resto de persoal funcionario ao servizo da Administración de xustiza. Persoal laboral ao servizo da Administración de xustiza, con especial referencia aos auxiliares de autopsia.

Tema 7. O corpo nacional de médicos forenses: evolución histórica, as clínicas médico-forenses e os institutos anatómico-forenses. Regulación do corpo nacional de médicos forenses. Principais modelos de organización da medicina forense segundo países.

Tema 8. Os institutos de medicina legal e ciencias forenses: regulamento, funcións, organización, estrutura. Modelos de IMLCF no Estado.

Tema 9. O Instituto Nacional de Toxicoloxía e Ciencias Forenses: creación, evolución histórica. Organización actual e funcións. Outros organismos consultivos da Administración de xustiza. A peritaxe privada.

Tema 10. O proceso penal (1). As partes. O Ministerio Fiscal. O avogado do Estado. O acusador particular: o prexudicado e a acción popular. O acusador privado. O actor civil. O investigado. O responsable civil.

Tema 11. O proceso penal (2). Tipos de procedemento. Fases do procedemento. Intervención do médico forense nas fases de instrución e do xuízo oral, con especial referencia aos xulgados de violencia sobre a muller. O procedemento pola responsabilidade penal dos menores. O xuízo por delito leve.

Tema 12. O proceso civil. Intervención do médico forense no proceso civil e ante o Rexistro Civil. O proceso laboral. Intervención do médico forense no proceso laboral. Pericias extraxudiciais en materia de tráfico.

Tema 13. Exercicio profesional da medicina. Condicións e requisitos para o exercicio da medicina e as súas especialidades. O intrusismo. As profesións paramédicas.

Tema 14. A historia clínica. Lexislación. Problemas éticos e xurídicos na elaboración e manexo da historia clínica e nos documentos derivados dela. Prescrición médica. Ordenación legal da prescrición médica.

Tema 15. Consentimento informado na actuación médica. Concepto e transcendencia. Requisitos e excepcións na prestación do consentimento. Lexislación española.

Tema 16. Os dereitos e deberes do enfermo na lexislación española.

Tema 17. Responsabilidade profesional do médico e as súas clases. Elementos constitutivos da responsabilidade médica. A proba pericial médica en cuestións de responsabilidade profesional.

Tema 18. O segredo profesional do médico: concepto, fundamento e antecedentes históricos. Lexislación sobre documentación clínica e sobre protección de datos de carácter persoal. O segredo médico no campo da medicina forense.

Tema 19. Concepto de eutanasia, ortotanasia e distanasia. A cooperación e indución ao suicidio. Aspectos epidemiolóxicos do suicidio. Actitude do médico ante o paciente incurable e o moribundo. Problemas éticos xurídicos relacionados coa asistencia médica urxente.

Tema 20. Problemas éticos e xurídicos derivados das investigacións no suxeito vivo. Lexislación española sobre ensaios clínicos. Recomendacións internacionais, con especial referencia á Declaración de Helsinki.

Tema 21. Problemas éticos e xurídicos suscitados polos novos coñecementos xenéticos. Euxenesia. Enxeñaría xenética. Delitos relativos á manipulación xenética.

Tema 22. Delito de homicidio e as súas formas. O homicidio, o asasinato, o homicidio imprudente. Cuestións de interese médico-forense.

Tema 23. Delitos contra a saúde pública: os relacionados co comercio e os relativos a drogas tóxicas, estupefacientes e psicótropas.

Tema 24. Delito imprudente. Elementos. A incriminación da imprudencia no Código penal.

Tema 25. Delitos contra a Administración pública (1). A prevaricación. O abandono de destino e a omisión de impedir determinados delitos. A desobediencia e denegación de auxilio. O suborno.

Tema 26. Delitos contra a Administración de xustiza. A prevaricación. A acusación e denuncia falsa e a simulación de delitos. O falso testemuño, a obstrución á xustiza e a deslealdade profesional.

Tema 27. Documentos médico-legais. Os delitos de falsidades documentais.

Tema 28. Vítima: concepto. Lexislación. Con especial referencia ao Estatuto da vítima do delito (Lei 4/2015, do 27 de abril, e Real decreto 1109/2015, do 11 de decembro, polo que se desenvolve a Lei 4/2015, do 27 de abril, do Estatuto da vítima do delito, e se regulan as oficinas de asistencia ás vítimas do delito). Clases de vitimización. Efectos dos delitos sobre as vítimas. Intervención do médico forense.

II. Medicina forense do traballo.

Tema 29. A Seguridade Social. Regulación legal. Organización e prestacións da asistencia sanitaria na Seguridade Social (Insalud). Prestacións económicas da Seguridade Social (INSS e Imserso).

Tema 30. Concepto de enfermidade común, accidente non laboral e incapacidade temporal. Concepto. Problemas sanitarios, sociais e médico-legais.

Tema 31. Accidente de traballo. Concepto. Frecuencia e repercusións sociais e médico-legais. Lexislación comunitaria en materia de accidentes de traballo. Obxecto e ámbito de aplicación da Lei de prevención de riscos laborais.

Tema 32. Enfermidades profesionais. Concepto. A lista española de enfermidades profesionais. Repercusións sociais e médico-legais. Lexislación comunitaria en materia de enfermidades profesionais.

Tema 33. Invalidez. Concepto e clases. Problemas sanitarios, sociais e médico-legais. Os equipos de valoración de incapacidades (EVI).

Tema 34. Os riscos do persoal médico e sanitario no exercicio das súas funcións.

Tema 35. Pneumoconiose: concepto. Etioloxía e clasificación. Estudo médico-legal da silicose.

Tema 36. Estudo médico-legal da catarata orixinada por enerxía radiante. Hipoacusias e xordeiras de orixe profesional: etioloxía, patoxenia e diagnóstico. Valoración médico-forense.

Tema 37. Estudo médico-forense do cancro e das lesións precancerosas de orixe laboral. Outros tumores de orixe laboral e a súa valoración médico-forense.

Tema 38. Dermatoses profesionais: etioloxía, patoxenia, diagnóstico, prognóstico e valoración médico-forense.

Tema 39. Estudo médico-forense das enfermidades profesionais orixinadas por radiacións ionizantes. Fontes de orixe. Diagnóstico clínico. Prognóstico e valoración médico-forense.

Tema 40. As hernias como accidentes de traballo e a súa problemática médica e xurídica. Lesións dos discos intervertebrais, parálises nerviosas por compresión e enfermidades dos tendóns e vaíñas tendinosas de orixe laboral. Enfermidades da pa.

Tema 41. Estudo médico-forense da síndrome do traballador queimado (burnout) e do acoso moral (mobbing) no traballo.

Tema 42. Estudo médico-forense da síndrome da fatiga crónica e da fibromialxia. Sintomatoloxía, diagnose e problemática sociolaboral.

III. Toxicoloxía forense.

Tema 43. Concepto e evolución da toxicoloxía. Toxicoloxía forense. Conceptos de fármaco, medicamento, droga, tóxico e veleno. Clasificación das substancias tóxicas. Etioloxía xeral das intoxicacións.

Tema 44. Toxicocinética: vías de penetración, acumulación, biotransformación e eliminación das substancias tóxicas. Fenómeno de toxotropismo. Depósitos de impregnación tóxica.

Tema 45. Toxicodinamia: principais tipos de acción das substancias tóxicas. Distintos conceptos e tipos de toxicidade. Factores que modifican a toxicidade.

Tema 46. Anatomía patolóxica e intoxicacións. Cadros patolóxicos sistematizados por órganos e sistemas. Autopsia nos distintos tipos de morte por tóxicos.

Tema 47. Tratamento antitóxico xeral. Neutralización. Antidotismo. Eliminación. Técnicas de depuración extrarrenal. Mantemento do intoxicado agudo. Centros antitóxicos. O Servizo de Información Toxicolóxica.

Tema 48. Toma e envío de mostras nos diversos casos de intoxicación para o seu ulterior envío aos laboratorios con fins analíticos. Lexislación. Cadea de custodia das mostras.

Tema 49. Análise toxicolóxica: tratamento inicial das mostras. Técnicas extractivas segundo tipo de mostra e tóxico sospeitado. Procedemento de detección rápida de drogas de abuso e psicofármacos. Técnica de screening toxicolóxico, fiabilidade e especificidade.

Tema 50. Técnicas analíticas de confirmación. Tipos. Descrición e utilidades. Comparación entre as distintas técnicas, vantaxes e inconvenientes en toxicoloxía forense.

Tema 51. Análise toxicolóxica: interpretación dos resultados analíticos. Mecanismos posmortais e a súa repercusión na interpretación analítica toxicolóxica. Os achados de drogas de abuso en mostras de cadáveres. Interacción de produtos tóxicos, a súa valoración segundo resultado analítico.

Tema 52. Intoxicacións producidas polo óxido de carbono. Etioloxía, metabolismo, mecanismo de acción e toxicidade. Diagnóstico clínico e necrópsico. Investigación toxicolóxica e cuestións médico-forenses.

Tema 53. Intoxicacións orixinadas polos derivados gasosos do xofre e nitróxeno. Etioloxía. Metabolismo, mecanismo de acción e toxicidade. Diagnóstico clínico e necrópsico. Investigación toxicolóxica e cuestións médico-forenses.

Tema 54. Intoxicacións orixinadas polo alcohol etílico. Etioloxía, con especial referencia á súa relación cos accidentes de tráfico. Metabolismo, mecanismo de acción e toxicidade. Diagnóstico clínico. Efectos combinados do alcohol con outras drogas.

Tema 55. Diagnóstico bioquímico da intoxicación etílica. Clasificación das probas para a determinación do alcohol etílico e crítica delas. Valoración médico-forense dos seus resultados.

Tema 56. Marcadores de consumo de alcohol e o seu interese médico-forense. Marcadores de consumo agudo e crónico. Marcadores de consumo crónico en biofluídos; descrición e valoración de resultados. Marcadores de consumo crónico en pelo; descrición e valoración de resultados. Panel asociado de marcadores para o diagnóstico de consumo crónico de etanol de interese médico-forense.

Tema 57. Intoxicacións orixinadas por alcohol metílico e glicois. Etioloxía, metabolismo, mecanismo de acción e toxicidade. Diagnóstico clínico e necrópsico. Investigación toxicolóxica e cuestións médico-legais.

Tema 58. Intoxicacións orixinadas polo ácido cianhídrico e os seus derivados cianhídricos. Etioloxía. Metabolismo, mecanismo de acción e toxicidade. Diagnóstico clínico e necrópsico. Investigación químico-toxicolóxica. Problemas médico-legais.

Tema 59. Intoxicacións orixinadas por hidrocarburos. Etioloxía. Metabolismo, mecanismo de acción e toxicidade. Diagnóstico clínico e necrópsico. Investigación toxicolóxica e problemas médico-forenses.

Tema 60. Tóxicos metahemoglobinizantes e a súa clasificación. Etioloxía da intoxicación por eles. Metabolismo, mecanismos de acción e toxicidade. Diagnóstico clínico e necrópsico. Investigación toxicolóxica e problemas médico-forenses.

Tema 61. Intoxicacións orixinadas por psicofármacos (1): neurolépticos e antidepresivos. Etioloxía, metabolismo, mecanismo de acción e toxicidade. Diagnóstico clínico necrópsico. A síndrome neuroléptica maligna. Problemas médico-forenses.

Tema 62. Intoxicacións orixinadas por psicofármacos (2): ansiolíticos. Hipnóticos e antimaníacos (sales de Litio). Etioloxía. Metabolismo, mecanismo de acción e toxicidade. Diagnóstico clínico e necrópsico. Investigación toxicolóxica e problemas médico-forenses.

Tema 63. Intoxicacións orixinadas por substancias alucinóxenas. Intoxicacións por anfetaminas e os seus derivados de síntese. Etioloxía. Metabolismo, mecanismo de acción e toxicidade. Diagnóstico clínico e necrópsico. Investigación toxicolóxica e problemas médico-forenses.

Tema 64. Intoxicacións por opiáceos e cocaína. Etioloxía, metabolismo, mecanismo de acción e toxicidade. Diagnóstico clínico e necrópsico. Investigación toxicolóxica e problemas médico-forenses.

Tema 65. Submisión química. Descrición do fenómeno, as súas características e tipos. Impacto do fenómeno en distintos países, datos estatísticos. Substancias empregadas en submisión química; descrición e efectos tóxicos. Toma de mostras nestes supostos. Análise toxicolóxica e a súa valoración. A submisión química no noso Código penal.

Tema 66. Concepto de dopaxe. Dopaxe no deporte. Principais substancias dopantes, o seu mecanismo de acción, metabolismo e toxicidade. Diagnóstico clínico e necrópsico. Investigación toxicolóxica e problemas médico-forenses. Lei orgánica 3/2013, do 20 de xuño, de protección da saúde do deportista e loita contra a dopaxe na actividade deportiva. Evolución histórica na loita contra a dopaxe no deporte. Institucións nacionais e internacionais para a loita contra a dopaxe no deporte. Análise médico-forense do artigo 362 quinquies do Código penal.

Tema 67. Intoxicacións orixinadas por insecticidas organofosforados e carbamatos. Etioloxía. Metabolismo, mecanismo de acción e toxicidade. Diagnóstico clínico e necrópsico. Investigación toxicolóxica e problemas médico-forenses.

Tema 68. Intoxicacións orixinadas por insecticidas organoclorados e piretrinas. Etioloxía. Metabolismo, mecanismo de acción e toxicidade. Diagnóstico clínico e necrópsico. Investigación toxicolóxica e problemas médico-forenses. Intoxicación por raticidas.

Tema 69. Intoxicacións orixinadas por herbicidas. Etioloxía. Metabolismo, mecanismo de acción e toxicidade. Diagnóstico clínico e necrópsico. Investigación toxicolóxica e problemas médico-forenses.

Tema 70. Intoxicacións orixinadas polo arsénico e os seus compostos. Etioloxía. Metabolismo, mecanismo de acción e toxicidade. Diagnóstico clínico e necrópsico. Investigación toxicolóxica e problemas médico-forenses.

Tema 71. Intoxicacións orixinadas polo chumbo e os seus compostos. Etioloxía. Metabolismo, mecanismo de acción e toxicidade. Diagnóstico clínico e necrópsico. Investigación toxicolóxica e problemas médico-forenses.

Tema 72. Intoxicacións orixinadas polo mercurio e os seus compostos. Etioloxía. Metabolismo, mecanismos de acción e toxicidade. Diagnóstico clínico e necrópsico. Investigación toxicolóxica e problemas médico-forenses.

Tema 73. Lesións orixinadas por cáusticos. Etioloxía. Mecanismo de acción e toxicidade. Cadros lesivos que orixinan. Diagnóstico clínico e necrópsico. Investigación toxicolóxica e problemas médico-legais.

Tema 74. Intoxicacións alimentarias. Clasificación, diagnóstico e tratamento das principais formas etiolóxicas, con especial referencia á salmonelose e ao botulismo. Normativas xurídicas sobre aditivos alimentarios.

Tema 75. Intoxicacións orixinadas polos cogomelos. Principais especies nocivas. Mecanismo de acción e toxicidade. Diagnóstico clínico e necrópsico. Investigación toxicolóxica e problemas médico-forenses.

Tema 76. Intoxicacións medicamentosas. Etioloxía e clasificación destas. Estudo particular das intoxicacións orixinadas por analxésicos e antitérmicos, con especial referencia a salicilatos e paracetamol. Morte por choque anafiláctico.

Tema 77. Intoxicacións máis frecuentes por mordedura ou picadura de animais ou por contacto con plantas. Aspectos clínicos, anatomía patolóxica e de laboratorio.

Tema 78. Polución atmosférica e polución da auga. Principais substancias contaminantes e as súas fontes de orixe. Alteracións que orixinan no home. Intervención do médico forense nestes casos. Delitos contra os recursos naturais e o ambiente.

Segundo exercicio.

I. Patoloxía forense.

Tema 1. Concepto, etioloxía e clasificación das lesións desde o punto de vista médico. Concepto xurídico-penal de lesión. Conceptos de menoscabo da integridade corporal e de saúde física ou mental.

Tema 2. Clasificación das lesións segundo o Código penal. Os mecanismos de produción das lesións e o concepto da expresión «orixinadas por calquera medio ou procedemento». Conceptos de primeira asistencia facultativa, tratamento médico ou cirúrxico, a lesión de menor gravidade, a simple vixilancia ou seguimento facultativo do curso da lesión, e as lesións que non precisan tratamento médico ou cirúrxico.

Tema 3. Os conceptos xurídicos penais de perda ou inutilidade de órgano ou membro principal e non principal e de sentido, deformidade, impotencia, esterilidade, grave enfermidade somática e psíquica.

Tema 4. Causas e concausas das lesións. O estado anterior e as lesións. Valoración médico-forense da causalidade.

Tema 5. Valoración do dano corporal: os seus compoñentes. Conceptos de curación e estabilización lesional. O informe médico-forense en materia de valoración do dano corporal. Concepto de secuela e dano futuro (seguro e probable). Avaliación de secuelas e utilización de baremos. Evolución das secuelas. Recomendacións do Consello de Europa relativas á valoración integral do dano corporal.

Tema 6. Complicacións das lesións: infeccións localizadas, tétanos, gangrena e rabia. Infeccións osteoarticulares con estudo especial da osteomielite. Trastornos da consolidación ósea. Valoración médico-forense con ocasión destas complicacións.

Tema 7. Hemorraxia e tipos. Estudo médico-forense da morte por choque hemorráxico e da morte por hipovolemia.

Tema 8. Choque derivado dun traumatismo: fisiopatoloxía xeral. Tipos (choque hemorráxico, choque neuroxénico, choque séptico). Valoración médico-forense.

Tema 9. Enfermidades traumáticas. Estudo médico-forense da pneumonía e da diabete traumática. Problemas médico-forenses derivados da ulceración consecutiva a encamamentos prolongados ou ás mantidas por alteracións circulatorias.

Tema 10. Estudo médico-forense das contusións e das feridas contusas. Signos de defensa e de loita.

Tema 11. Feridas orixinadas por arma branca: etioloxía, clasificación, carácter e evolución clínica. Cuestións médico-forenses e a súa valoración.

Tema 12. Armas de fogo: concepto. Partes de que consta. Clasificación das armas de fogo. Elementos que integran o disparo. Estudo do cartucho. Tipos de proxectís. Balística interna e externa. Efectividade dos proxectís. Lexislación española sobre o manexo de armas de fogo.

Tema 13. Feridas orixinadas por armas de fogo. Estudo dos orificios de entrada e saída e do traxecto. Valoración para efectos médico-forenses. Estudo particular das lesións orixinadas por armas de aire comprimido.

Tema 14. Lesións e morte orixinadas pola acción da electricidade industrial e atmosférica. As secuelas tras os accidentes eléctricos. Cuestións médico-forenses e a súa valoración.

Tema 15. Estudo médico-forense das queimaduras térmicas. Etioloxía. Clasificación. Diferenciación segundo os distintos axentes térmicos. Patoxenia da morte por queimadura. Diagnóstico necrópsico e problemas médico-legais.

Tema 16. Intervención do médico forense na investigación dos incendios. Lesións e morte nos incendios. Estudo do cadáver carbonizado.

Tema 17. As explosións. Clasificación. Tipos de explosivos. Artefactos e trampas explosivas. Lesións e mortes orixinadas por explosións. Problemas médico-forenses.

Tema 18. Grandes catástrofes: concepto, clasificación. Actuación e resposta fronte á catástrofe, con especial referencia ao médico forense. Lexislación española, aspectos de interese médico-legal.

Tema 19. Lesións orixinadas en vida e despois da morte: etioloxía e diferenciación morfolóxica. As probas de laboratorio no diagnóstico diferencial das lesións posmortais.

Tema 20. Estudo médico-forense da simulación e disimulación de lesións: conceptos, clases e valoración médico-forense en casos de enfermidades, lesións e secuelas.

Tema 21. A tortura: concepto. O delito de tortura e outros delitos contra a integridade moral. A lexislación española e internacional. A Convención contra a tortura e outros tratos ou penas crueis, inhumanas ou degradantes. Principais procedementos de tortura. A proba pericial médica en casos de tortura. O Protocolo de Istambul para a investigación e documentación eficaces da tortura e outros tratos ou penas crueis, inhumanas ou degradantes.

Tema 22. Violencia de xénero. Principais características e cadros lesivos no maltrato á muller, cuestións médico-forenses. O risco de novas agresións graves sobre a parella: metodoloxía para a valoración médico-forense do risco. Intervención do equipo de valoración forense integral. Principais medidas cautelares para a prevención.

Tema 23. A síndrome do neno maltratado. O maltrato ao ancián. Cuestións médico-forenses.

Tema 24. Accidente de tráfico terrestre: concepto, clasificación, frecuencia e etioloxía. Principais cadros lesivos en envorcadura, choque e precipitación.

Tema 25. Estudo médico-forense do atropelo: frecuencia, tipos de vehículos atropelantes, fases do atropelo e cadros lesivos. Problemas médico-forenses.

Tema 26. Estudos médico-forenses dos accidentes orixinados no tráfico aéreo. Lesións producidas por embarcacións deportivas. Problemas médico-forenses.

Tema 27. Aptitude psicofísica para conducir vehículos de motor. A enfermidade como causa de diminución da aptitude. A Lei de seguridade viaria. Lexislación derivada dela e outras normas legais de interese médico-forenses. O delito contra a seguridade do tráfico.

Tema 28. Estudo médico-forense dos traumatismos cranioencefálicos.

Tema 29. Estudo médico-forense dos traumatismos cerrados de tórax e abdome.

Tema 30. Estudo médico-forense dos traumatismos da cara e pescozo.

Tema 31. Estudo médico-forense da patoloxía traumática do ombro, brazo e cóbado. Mecanismo de produción. Diagnóstico, prognóstico, secuelas e valoración médico-forense.

Tema 32. Estudo médico-forense da patoloxía traumática do antebrazo, pulso e man. Mecanismo de produción. Diagnóstico, prognóstico, secuelas e valoración médico-forense.

Tema 33. Estudo médico-forense da patoloxía traumática da columna cervical. Estudo especial do lategazo cervical: mecanismo de produción, diagnóstico, prognóstico, secuelas e valoración médico-forense.

Tema 34. Estudo médico-forense da patoloxía traumática da columna dorsal e lumbar. Mecanismo de produción. Diagnóstico, prognóstico, secuelas e valoración médico-forense.

Tema 35. Estudo médico-forense da patoloxía traumática da cintura pélvica e cadeira. Mecanismo de produción. Diagnóstico, prognóstico, secuelas e valoración médico-forense.

Tema 36. Estudo médico-forense da patoloxía traumática da coxa e xeonllo. Mecanismo de produción. Diagnóstico, prognóstico, secuelas e valoración médico-forense.

Tema 37. Estudo médico-forense da patoloxía traumática da perna, nocello e pé. Mecanismo de produción. Diagnóstico, prognóstico, secuelas e valoración médico-forense.

Tema 38. Estudo médico-forense da caída e da precipitación. Problemas médico-forenses e a súa solución.

Tema 39. Estudo médico-forense dos derrubamentos e atropelos por multitudes. Síndrome de esmagamento. Problemas médico-forenses e a súa solución.

Tema 40. Estudo médico-forense das lesións e mortes causadas pola acción do frío e da calor: fisiopatoloxía, diagnóstico clínico e necrópsico. Valoración médico-forense.

Tema 41. As folgas de fame: concepto, antecedentes, frecuencia e motivación. Clasificación, cadros clínicos e prognóstico. Conduta médica ante estas situacións e posible intervención médico-forense nestes casos. Xurisprudencia aplicable.

Tema 42. A anestesia. Métodos usuais e accidentes máis frecuentes. A hipotermia en cirurxía. Intervención do médico forense con ocasión da anestesia.

Tema 43. Transfusións hemáticas: tipos. Accidentes e a súa prevención. Posible intervención do médico forense nestes casos. Lexislación española en materia de doazón de sangue.

Tema 44. O sentido do oído: capacidade auditiva e as súas alteracións. O sentido do equilibrio e as súas alteracións. Determinación médico-forense e as súas aplicacións.

Tema 45. O sentido da vista: capacidade visual e as súas alteracións. Determinación da agudeza visual e posible intervención do médico forense nestes casos.

Tema 46. Asfixias mecánicas: concepto e clasificación. Fisiopatoloxía e mecanismo letal. O cadro lesivo xeral nos casos de morte por asfixia.

Tema 47. Aforcamento: etioloxía, clasificación, mecanismo letal, diagnóstico necrópsico e problemas médico-forenses.

Tema 48. Estrangulamento: etioloxía, clasificación, mecanismo letal, diagnóstico necrópsico e problemas médico-forenses.

Tema 49. Sufocación: formas, mecanismo letal, diagnóstico necrópsico e problemas médico-forenses.

Tema 50. Morte por submersión: etioloxía, tipos, fisiopatoloxía, diagnóstico necrópsico e problemas médico-forenses.

Tema 51. Morte por inhibición: etioloxía, fisiopatoloxía, diagnóstico clínico e necrópsico. Valoración médico-forense deste cadro.

II. Sexoloxía forense e medicina legal do neonato.

Tema 1. Diagnóstico médico-legal do sexo. Conceptos de sexo xenético, endócrino, morfolóxico, psicolóxico e xurídico. O hermafroditismo: patoxenia, clasificación e clínica.

Tema 2. O transexual. Concepto e clínica. Estudo médico-forense do transexualismo e do cambio de sexo. Regulación penal da cirurxía transexual. O cambio de sexo na orde xurisdicional civil.

Tema 3. Delitos contra a liberdade sexual: as agresións sexuais e os abusos sexuais. Concepto e lexislación. Determinación das circunstancias relativas a estes delitos. Intervención do médico forense.

Tema 4. Morfoloxía da membrana himenal e signos de desfloración. Diagnóstico da penetración ou introdución de obxectos anal, bucal ou vaxinal. Prevención do embarazo e do contaxio de enfermidades de transmisión sexual.

Tema 5. A inseminación artificial. Fecundación in vitro. Posibilidades e problemas médico-forenses. Lexislación española sobre reprodución humana asistida e de doazón e utilización de embrións e fetos humanos.

Tema 6. Xestación fisiolóxica: diagnóstico clínico e biolóxico. Xestacións anormais: a superfecundación e a superfetación. Simulación da xestación. Duración e data da xestación. Morte súbita asociada ao embarazo.

Tema 7. Diagnóstico precoz das malformacións fetais e das lesións ao feto: crítica das técnicas diagnósticas e posibles complicacións. Problemas médico-legais que presenta a súa aplicación. O delito de lesións ao feto.

Tema 8. Diagnóstico do parto. Delitos de suposición de parto e de alteración da paternidade, estado ou condición do menor.

Tema 9. Aborto: conceptos médicos e xurídicos. Clasificación médica. Etioloxía do aborto provocado. Análise dos medios mecánicos, físicos e tóxicos. Clínica e evolución do aborto provocado. Diagnóstico médico-forense do aborto provocado.

Tema 10. Interrupción legal do embarazo: concepto. Supostos en que se autoriza a posible actuación do médico forense. Centros autorizados para a interrupción legal do embarazo. Acreditación e normas de funcionamento. Marco xurídico español para a interrupción legal do embarazo.

Tema 11. Identificación do neonato. Estudo médico-forense da morte do neonato. Características do feto a termo. Morte natural e morte violenta. Docimasias fetais.

III. Criminalística.

Tema 12. Exame do lugar dos feitos: obxectivos, fases e medios instrumentais empregados desde o punto de vista médico-forense. Os indicios biolóxicos do delito: a súa busca, recollida e envío ao laboratorio. Reconstrución do lugar dos feitos.

Tema 13. Identificación do suxeito vivo: métodos fotográficos, sinais particulares, datos antropométricos. Dactiloscopia: fundamento e clasificacións. Impresións palmares.

Tema 14. Necroidentificación en cadáver recente, putrefacto e mutilado: características físicas xerais e sinais particulares. Formularios de necroidentificación.

Tema 15. Estudo antropolóxico da cavidade bucal. Palatoscopia e queiloscopia. O dente: morfoloxía, anatomía e histoloxía. Erupción dentaria. Identificación de cada un dos dentes. Fórmulas dentarias.

Tema 16. Identificación polo estudo da dentadura. Diagnóstico de individualidade. A ficha odontolóxica para identificación forense.

Tema 17. Estudos de restos óseos (1): actuación do médico forense ante o achado de restos óseos. Recuperación de restos óseos e envío ao laboratorio de antropoloxía forense para o seu estudo. Técnicas de preparación de óso. Material e instrumentos utilizados en antropoloxía forense. Diagnóstico de especie e orixe ancestral.

Tema 18. Estudo de restos óseos (2): data dos restos. As técnicas de data de restos óseos antigos. Diagnóstico do sexo.

Tema 19. Estudo de restos óseos (3): determinación do tamaño e da idade. Particularidades de natureza conxénita, patolóxica ou traumática útiles para a individualización ou explicación da causa da morte.

Tema 20. Estudo médico-forense de pelos e cabelo. Aplicacións en criminalística.

Tema 21. Estudo médico-forense de manchas de esperma e outros fluídos biolóxicos.

Tema 22. Manchas de sangue: estudo morfolóxico e topográfico. Probas de orientación e de certeza, indicacións e limitacións. Diagnóstico xenérico. Aplicación da bioloxía molecular á investigación das manchas de sangue.

Tema 23. Investigación da paternidade e da maternidade. Lexislación española. Determinacións biolóxicas e aplicacións. Leis de exclusión e probabilidades de paternidade e exclusión. O informe pericial médico en casos de investigación de paternidade.

Tema 24. Análise do ADN: concepto, técnicas e aplicación. Limitacións, especialidade e as súas indicacións en medicina forense. Técnicas de bioloxía molecular na investigación biolóxica da filiación. Aplicacións e interpretación de resultados.

Tema 25. Determinación da idade no suxeito vivo: aspecto xeral. Desenvolvemento esquelético, estudo dentario e doutros elementos morfolóxicos. Estudo radiolóxico.

IV. Tanatoloxía forense.

Tema 1. Tanatoloxía forense: concepto e contido. Concepto xurídico e médico de morte. Mortes naturais, violentas e sospeitosas de criminalidade: conceptos e repercusións médico-forenses.

Tema 2. Morte rápida e lenta. Estudo médico-legal da agonía.

Tema 3. Diagnóstico da morte. Signos de morte e estados de morte aparente. Morte encefálica. Intervención do médico forense.

Tema 4. Lei sobre extracción e transplante de órganos. Regulamento e normas legais que o desenvolven. Regulación legal das actividades relativas á utilización de tecidos humanos. A doazón de órganos e tecidos para transplante en situacións de morte cerebral e en situacións de asistolia: aspectos éticos e médico-legais. Recomendacións do Consello de Europa en materia de transplantes.

Tema 5. Morte súbita no adulto: concepto, etioloxía, aspectos epidemiolóxicos e factores que interveñen, diagnóstico necrópsico e cuestións médico-forenses.

Tema 6. Morte súbita no neno e no neonato: concepto, etioloxía, factores que interveñen na súa xénese, diagnóstico necrópsico e cuestións médico-forenses.

Tema 7. Fenómenos cadavéricos. Estudo médico-forense do arrefriamento, deshidratación, livideces, hipóstases, rixidez e espasmo cadavérico.

Tema 8. Autólise e putrefacción cadavérica: conceptos, fases, alteracións e transformacións químicas, cronoloxía e deducións médico-forenses de interese.

Tema 9. Estudo médico-forense da saponificación e da momificación. Outros fenómenos cadavéricos transformadores.

Tema 10. Tanatoquimia: toma de mostra, valor diagnóstico e evolución post mortem dos compoñentes bioquímicos no cadáver.

Tema 11. Avaliación médico-forense da data da morte: interese médico-legal. Métodos e crítica. Estudo médico-forense de cuestións de premoriencia e conmoriencia.

Tema 12. Autopsia xudicial e autopsia clínica. Lexislación española sobre autopsias xudiciais e autopsias clínicas. Condicións e medios necesarios para a investigación necrópsica.

Tema 13. Principais patoloxías infecciosas potencialmente transmisibles durante a realización da autopsia: sida, hepatite, tuberculose, outras. Formas de prevención e material necesario. Protocolos de actuación ante unha exposición accidental. Declaración da enfermidade profesional ou do accidente: requisitos, órganos competentes, dereitos do médico forense neste campo.

Tema 14. A autopsia médico-legal: fundamentos, técnicas e estudos complementarios. Os informes de autopsia: preliminar e definitivo.

Tema 15. Autopsia cefálica: recordo anatómico. Exame externo e técnicas de apertura da cavidade e de extracción e estudo do encéfalo. Principais achados e o seu significado médico-forense.

Tema 16. Autopsia de boca e pescozo: recordo anatómico. Exame externo, técnicas de apertura e de extracción de vísceras. Estudo da pleura, espazo pleural; traquea, bronquios e pulmóns; timo e esófago. Principais achados e o seu significado médico-forense.

Tema 17. Autopsia de pericardio, corazón e grandes vasos. Técnicas de apertura. Principais achados e o seu significado médico-forense.

Tema 18. Autopsia do abdome: recordo anatómico. Exame externo e técnicas de apertura e de extracción e estudo de vísceras. Principais achados e o seu significado médico-forense.

Tema 19. Autopsia da rexión lumbo-pelviana: recordo anatómico. Exame externo e técnicas de apertura e de extracción e estudo de vísceras. Principais achados e o seu significado médico-forense.

Tema 20. Autopsia da cavidade raquídea: recordo anatómico. Técnicas de apertura. Principais achados e o seu significado médico-forense.

Tema 21. Autopsia dos membros no cadáver completo no caso de membros amputados. Principais achados durante ela e o seu significado médico-forense. Lexislación sobre o destino de membros amputados e de vísceras ou de fragmentos destes.

Tema 22. Autopsia en casos especiais: fetos, nenos, mulleres paridas e abortadas e cadáveres mutilados. Autopsia dos ollos e dos oídos.

Tema 23. Valoración necrópsica das alteracións hemodinámicas: edema, deshidratación, conxestión. Isquemia e infarto. Aspectos de interese médico-forense.

Tema 24. Tromboses e embolias. Estudo especial da morte por embolia: fisiopatoloxía, diagnóstico necrópsico e problemas médico-forenses.

Tema 25. Valoración necrópsica dos trastornos do crecemento celular: hipertrofia, hiperplasia, atrofia e metaplasia. Patoloxía dexenerativa. Aspectos de interese médico-forense.

Tema 26. Morte por accidentes vasculares agudos, menínxeos e encefálicos. Etioloxía, fisiopatoloxía e diagnóstico necrópsico, con especial referencia á diferenciación con vasculopatías traumáticas. Problemas médico-forenses.

Tema 27. Enfermidades do pericardio, miocardiopatías e enfermidades valvulares. Etiopatoxenia, diagnóstico clínico e necrópsico. Valoración médico-forense.

Tema 28. Morte por arritmias cardíacas e infarto de miocardio. Etiopatoxenia e diagnóstico necrópsico. Demostración post mortem do infarto de miocardio recente. Métodos enzimáticos, bioquímicos e histoquímicos e o seu significado médico-forense.

Tema 29. Insuficiencia cardíaca conxestiva. Insuficiencia cardíaca esquerda e dereita. Etioloxía, fisiopatoloxía, diagnóstico clínico e necrópsico. Valoración médico-forense.

Tema 30. Alteracións vasculares pulmonares: edema, tromboembolismo, infarto pulmonar e hipertensión pulmonar. Etiopatoxenia, diagnóstico clínico e necrópsico. A atelectasia e o enfisema. Valoración médico-forense destes cadros.

Tema 31. A pneumonía e broncopneumonía. O absceso pulmonar. Etiopatoxenia, diagnóstico clínico e necrópsico. Valoración médico-forense.

Tema 32. Morte por insuficiencia renal: etioloxía, fisiopatoloxía, formas clínicas, diagnóstico necrópsico e problemas médico-forenses.

Tema 33. Morte por insuficiencia hepática: etioloxía, fisiopatoloxía, formas clínicas, diagnóstico necrópsico e problemas médico-forenses.

Tema 34. Morte por insuficiencia suprarrenal: etioloxía, fisiopatoloxía, formas clínicas, diagnóstico necrópsico e problemas médico-forenses.

Tema 35. Morte por pancreopatías agudas: etioloxía, fisiopatoloxía, cadros clínicos, diagnóstico necrópsico e problemas médico-forenses.

Tema 36. Morte por patoloxía do tubo dixestivo. Estudo especial da peritonite aguda.

Tema 37. Morte por sepse: etioloxía, fisiopatoloxía, diagnóstico necrópsico e valoración médico-forense.

Tema 38. Estudo médico-forense do cadáver exhumado: fins e técnicas médico-forenses.

Tema 39. Os destinos do cadáver. A incineración. Principais disposicións legais en materia de policía sanitaria mortuoria vixentes na actualidade nas diferentes comunidades autónomas. Embalsamamento: concepto e lexislación española.

Tema 40. A Recomendación nº (99) 3 do Consello de Ministros dos Estados membros da Comunidade Europea, para a harmonización metodolóxica das autopsias médico-legais: consideracións xerais. Principios e regras relacionados cos procedementos de autopsias médico-legais.

V. Psiquiatría forense.

Tema 1. Psiquiatría forense: concepto, obxectivos e evolución histórica. A psiquiatría forense e o dereito: penal, civil, laboral, contencioso-administrativo e procesual.

Tema 2. Psicopatoloxía: concepto. Teorías bioloxicistas e xenéticas. Teorías e modelos psicolóxicos: psicoanalítico, condutual, cognitiva e outras.

Tema 3. Conciencia, orientación e atención: concepto. Psicopatoloxía e interese no ámbito forense.

Tema 4. Memoria: concepto e bases neurofisiolóxicas. Psicopatoloxía da memoria e interese no ámbito forense.

Tema 5. Pensamento: concepto. Psicopatoloxía do curso e do contido do pensamento e interese no ámbito forense.

Tema 6. Percepción: concepto. Psicopatoloxía da percepción (ilusións e alucinacións) e interese no ámbito forense.

Tema 7. Afectividade: ansiedade, estado de ánimo, emocións, sentimentos e paixóns. Concepto, psicopatoloxía e interese no ámbito forense.

Tema 8. Frustración e estrés: concepto, reaccións ante a frustración e o estrés e interese no ámbito forense.

Tema 9. Motivación: concepto e clases. Motivación e psicoxénese do acto delituoso.

Tema 10. Linguaxe e comunicación: afasias, xordeira e xordomudez. Interese no ámbito forense.

Tema 11. Intelixencia: concepto. Psicopatoloxía da intelixencia e interese no ámbito forense.

Tema 12. Personalidade: concepto de personalidade, temperamento e carácter. Estrutura da personalidade. Trazos e tipos de personalidade. Interese no ámbito forense.

Tema 13. Diagnóstico en psiquiatría (1): clasificacións internacionais das enfermidades mentais: o DSM V e CIE X, aplicación e utilidade na práctica forense. O diagnóstico no momento da acción.

Tema 14. Diagnóstico en psiquiatría (2): diagnóstico clínico. A entrevista psiquiátrica. Probas paraclínicas e complementarias de tipo analítico, electroneurofisioloxía, radiolóxicas e outras.

Tema 15. Diagnóstico en psiquiatría (3): psicodiagnóstico. Características xerais das probas psicolóxicas con fins diagnósticos e particularidades da súa aplicación e utilidade na práctica forense.

Tema 16. Avaliación dos rendementos intelectuais: avaliación da intelixencia e avaliación neuropsicolóxica. Técnicas máis habituais. Valoración e utilidade na práctica forense.

Tema 17. Avaliación da personalidade: tests, cuestionarios e escalas de personalidade máis habituais na práctica forense. Valoración e utilidade destes.

Tema 18. A proba pericial psiquiátrica. Obxectivos, indicacións e técnica. Elaboración do informe psiquiátrico.

Tema 19. Tratamentos en psiquiatría. Modalidades da asistencia psiquiátrica. Tipos de terapeútica máis usuais e os seus aspectos médico-forenses.

Tema 20. Tratamentos en drogodependencias. Opcións e recursos asistenciais, médicos e sociais. Programas de tratamentos externos e en centros de deshabituación.

Tema 21. Tratamento psiquiátrico en réxime de internamento: lexislación española. Clases e indicacións médicas do internamento e cuestións médico-forenses. Intervención do médico forense no procedemento de internamento.

Tema 22. Imputabilidade: concepto, bases psicobiolóxicas e criterios xurisprudenciais para a súa valoración. Intervención do médico forense.

Tema 23. Causas psíquicas que modifican a imputabilidade segundo o Código penal español. Cuestións médico-forenses.

Tema 24. As medidas de seguridade (1): concepto, fundamento e fins. Clases de medidas de seguridade. Avaliación médico-forense en cada unha delas.

Tema 25. As medidas de seguridade (2): análise das medidas de seguridade privativas de liberdade: internamento en centro psiquiátrico, centro de deshabituación e centro educativo especial. Análise das medidas de seguridade non privativas de liberdade: tratamentos externos ou ambulatorios en centros médicos ou establecementos de carácter sociosanitario.

Tema 26. Concepto de persoas con discapacidade e/ou persoas que precisan especial protección, no Código penal. A esterilización de enfermos psíquicos: concepto, regulación legal, indicacións médicas e intervención do médico forense no proceso civil de esterilización.

Tema 27. Capacidade civil: concepto. Causas de incapacidade. Procedemento de incapacitación e intervención do médico forense nel. Actos de especial transcendencia para efectos civís.

Tema 28. Psicoloxía e psicopatoloxía das declaracións, confesións e testemuños prestados nos procesos xudiciais.

Tema 29. Trastornos do desenvolvemento intelectual ou discapacidades intelectuais: cadros clínicos, evolución e tratamento. Aspectos médico-forenses.

Tema 30. Delirios, demencias, trastornos amnésicos e outros trastornos neurocognoscitivos: cadros clínicos, evolución e tratamento. Aspectos médico-forenses.

Tema 31. Trastornos mentais debidos a enfermidades médicas por lesión ou disfunción cerebral. Epilepsias: cadros clínicos, evolución e tratamento. Aspectos médico-forenses.

Tema 32. Trastornos relacionados con substancias psicoactivas. Concepto e clasificación das drogas e substancias. Cadros clínicos por consumos e inducidos por substancias. Aspectos médico-forenses.

Tema 33. Trastornos relacionados con alcohol: cadros clínicos, evolución e tratamento. Aspectos médico-forenses.

Tema 34. Trastornos relacionados con opiáceos e cocaína: cadros clínicos, evolución e aspectos médico-forenses.

Tema 35. Trastornos relacionados con alucinóxenos. Con cánnabis, con anfetaminas e con substancias derivadas destas ou de acción similar. Cadros clínicos, evolución e aspectos médico-forenses.

Tema 36. Trastornos psicóticos (1): esquizofrenia: subtipos clínicos, cursos evolutivos e tratamento. Aspectos médico-forenses.

Tema 37. Trastornos psicóticos (2): trastorno delirante: clínica, evolución, tratamento e aspectos médico-forenses.

Tema 38. Trastornos do estado de ánimo: cadros clínicos, evolución e tratamento. Aspectos médico-forenses.

Tema 39. Trastornos de ansiedade: cadros clínicos, evolución e tratamento. Aspectos médico-forenses. Trastorno por estrés postraumático.

Tema 40. Trastornos con síntomas somáticos: trastorno de conversión e facticio: cadros clínicos, evolución e tratamento. Aspectos médico-forenses.

Tema 41. Disforia de xénero. Parafilias: cadros clínicos, evolución e tratamento. Aspectos médico-forenses.

Tema 42. Trastornos destrutivos do control dos impulsos e da conduta de maior interese no ámbito médico-forense: cadros clínicos, evolución e tratamento. Aspectos médico-forenses.

Tema 43. Trastornos da personalidade (1): concepto, características xerais e clasificación. Tipos clínicos, evolución, prognóstico e tratamento.

Tema 44. Trastornos da personalidade (2): trastorno paranoide, trastorno esquizoide e trastorno esquizotípico da personalidade. Clínica e aspectos médico-forenses.

Tema 45. Trastornos da personalidade (3): trastorno antisocial, trastorno límite da personalidade (borderline). Clínica e aspectos médico-forenses.

Tema 46. Trastornos da personalidade (4): histriónico, narcisista, evitación, dependencia, obsesivo-compulsivo. Clínica e aspectos médico-forenses.

Tema 47. Trastornos do comportamento e das emocións de comezo habitual na infancia e na adolescencia: o trastorno hipercinético e o trastorno disocial. Clínica e aspectos médico-forenses.

Tema 48. Estudo médico-forense dos trastornos da conduta alimentaria (anorexia, bulimia, ortorexia) e das diversas patoloxías derivadas das situacións de acoso (laboral, escolar...).

Tema 49. Dano psíquico en vítimas de violencia de xénero. Principais alteracións. Valoración médico-forense.

ANEXO IV
Instrucións para cubrir a solicitude de admisión

Lea atentamente e siga as seguintes instrucións:

Moi importante: este impreso cóbrese e descárgase de balde nas páxinas webs que se indican na convocatoria e contén unha numeración. Non o cubra nin modifique á man nin utilice fotocopias porque non poderán ser admitidas.

• Instrucións para cubrir a solicitude.

– Recadro 15. Figurará médicos forenses.

– Recadro 16. Deixar en branco.

– Recadro 20 («Provincia de exame»). Indique o ámbito territorial polo que desexa concorrer dos previstos na base 1.1, e segundo as instrucións da base 5.5.1 da presente convocatoria.

– Aspirantes con discapacidade. Opten ou non pola cota de reserva, poderán indicar no recadro 21 o grao de discapacidade segundo o ditame do órgano competente e indicarán, se é o caso, no recadro 23 a adaptación que poidan precisar, e xuntarán o informe acerca da súa procedencia. Aqueles que, ademais, opten pola cota de reserva, indicarano elixindo o valor «Si» no recadro 22 («Reserva discapacidade»).

– Probas optativas de lingua autonómica e dereito foral. Recadro 25: cando así o prevexa a convocatoria, os que desexen examinarse escribirán a palabra «Realiza» no cadro correspondente ao tipo de proba, os que desexen acreditar documentalmente os seus coñecementos escribirán «Documenta» e os que se acollan a ambos os sistemas, nos termos da convocatoria, indicarán «Documenta e realiza».

– En caso de presentación en papel, NON ESQUEZA ASINAR O IMPRESO NO RECADRO CORRESPONDENTE.

• Instrucións para o pagamento de taxas e a presentación do impreso.

Presentación e pagamento electrónicos:

– A persoa que solicita presentarse ao proceso selectivo será quen deba realizar o pagamento e o rexistro da súa solicitude, e terá que dispor dun certificado dixital válido de persoa física (máis información en http://firmaelectronica.gob.es e en
https://www.dnielectronico.es/).

– Accederá directamente ao servizo de Inscrición en probas selectivas do punto de acceso xeral, http://administracion.gob.es/PAG/ips, ou a través do portal web do Ministerio de Xustiza, www.mjusticia.gob.es, dentro do separador «Cidadáns», sección «Emprego Público», corpo médicos forenses, e seguirá as instrucións previstas.

– Mediante esta opción realizaranse electronicamente os trámites de cobertura do formulario, o pagamento e a presentación no rexistro electrónico. Poderanse anexar documentos á solicitude.

– Como resultado poderase descargar un documento cos comprobantes do pagamento e do rexistro da solicitude, asinado electronicamente, que servirá de xustificante de que se realizou correctamente.

– A constancia do correcto pagamento da taxa estará avalada polo número de referencia completo (NRC) emitido pola AEAT, que figurará no xustificante de rexistro.

Presentación e pagamento presencial:

– Deberá ter habilitada a execución de Java Script no seu navegador.

– Accederá directamente ao servizo de Inscrición en probas selectivas do punto de acceso xeral, http://administracion.gob.es/PAG/ips, ou a través do portal web do Ministerio de Xustiza, www.mjusticia.gob.es, dentro do separador «Cidadáns», sección «Emprego público».

– Mediante esta opción realizarase electronicamente o trámite para cubrir o formulario.

– Como resultado poderanse imprimir os tres exemplares do formulario: «exemplar para o interesado», «exemplar para a Administración» e «exemplar para a entidade colaboradora».

– Presente os tres exemplares desta solicitude en calquera das entidades bancarias que actúan como entidades colaboradoras da recadación tributaria (non é preciso ter conta aberta).

– A entidade colaboradora deberalle devolver, debidamente selados e datados, o «exemplar para o interesado», que servirá como xustificante de pagamento, e mais o «exemplar para a Administración».

– O «exemplar para a Administración» desta solicitude deberase entregarse nalgún dos rexistros indicados na convocatoria, que o devolverán selado ou, se é o caso, selarán o «exemplar para o interesado». Este selo do rexistro servirá como xustificante da presentación.

– As solicitudes presentadas no estranxeiro poderanse cursar a través das representacións diplomáticas ou consulares correspondentes. Axuntarase a elas o xustificante bancario de que se fixo o ingreso polos dereitos de exame na conta que figure na convocatoria.

Exención ou redución de taxa:

As persoas que se desexen acoller á exención ou redución da taxa e deban presentar a documentación acreditativa que se indica na base 5.4 desta convocatoria poderán autorizar o órgano xestor para que poida verificar esta condición mediante o acceso á Plataforma de intermediación de datos das administracións públicas ofrecido a través do servizo Inscrición en probas selectivas, respecto dos seguintes documentos:

– Os acreditativos de grao de discapacidade igual ou superior ao 33 % cando a condición de discapacidade fose recoñecida nalgunha das comunidades autónomas que figuran no enderezo http://administracion.gob.es/PAG/PID

– A certificación relativa á condición de demandante de emprego.

– A achega do título de familia numerosa cando este se obtivo nalgunha das comunidades autónomas que figuran no enderezo http://administracion.gob.es/PAG/PID

No caso de non lle prestar o consentimento ao órgano xestor deberase marcar o recadro que aparece para tal efecto na solicitude e deberanse presentar os documentos acreditativos canda a instancia de solicitude.

Así mesmo, os demais documentos que se indican na base 5.5 deberanse achegar en todo caso canda a solicitude.

A falta de xustificación do aboamento dos dereitos de exame ou de estar exento determinará a exclusión do aspirante. En ningún caso a presentación e pagamento da taxa dos dereitos de exame suporá a substitución do trámite de presentación, en tempo e forma, da solicitude.