Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 26 de abril de 2017 Páx. 19493

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 10 de abril de 2017, da Área Provincial de Turismo da Coruña, pola que se notifica a incoación do 23 de febreiro de 2017, ditada no expediente sancionador AC-35/17, por infracción grave en materia de turismo.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselle ao titular que no anexo se menciona, a incoación do expediente sancionador en materia de turismo por infracción da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia, xa que intentada polos medios habituais non puido practicarse a notificación.

Neste mesmo acto designouse instrutor do expediente a Juan Luis Martínez Sieira, podendo os interesados promover a súa recusación en calquera momento da tramitación do procedemento, de conformidade co disposto no artigo 24 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

A resolución do presente procedemento por infracción grave correspóndelle á directora da Axencia Turismo de Galicia, de acordo co establecido no artigo 19.4.g) dos estatutos da devandita axencia, aprobados polo Decreto 196/2012, do 27 de setembro, en relación co artigo 119.1.b) da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia.

De conformidade co disposto no artigo 124.1 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, a resolución do presente procedemento sancionador notificarase no prazo dun ano desde a data deste acordo.

Os interesados dispoñerán dun prazo de quince días, conforme co establecido no artigo 82.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, para achegar ante o instrutor do expediente, para a súa incorporación a este, cantas alegacións, documentos ou informacións estimen convenientes e, no seu caso, propoñer proba concretando os medios dos que pretenda valerse, coa advertencia de que de non formular alegacións no prazo sinalado, este acordo se considerará como proposta de resolución, de conformidade co previsto no artigo 64.1 da dita lei.

De conformidade co establecido no artigo 85.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, infórmase a persoa imputada de que a sanción sinalada no acordo de incoación poderá ser obxecto das seguintes reducións: o 20 % (no caso de que recoñeza a súa responsabilidade ou pague voluntariamente en calquera momento anterior á resolución) ou o 40 % (no caso de que recoñeza a súa responsabilidade e ademais pague voluntariamente en calquera momento anterior á resolución).

A Coruña, 10 de abril de 2017

Mª Carmen Ramallal Molina
Xefa da Área Provincial de Turismo da Coruña

ANEXO

Expediente: AC-35/17.

Denunciado: Inversiones Altema, S.A.

NIF: A36018463.

Establecemento: Santa Cruz.

Enderezo: Lugar de Aguieira, Dorneda, s/n.

Localidade: Oleiros.

Precepto infrinxido: artigo 110.3 da Lei 7/2011.

Incoación: 23 de febreiro de 2017.

Sanción:

Multa de mil trescentos euros (1.300 €).

Importe da multa coa aplicación do 20 % de desconto: mil corenta euros (1.040 €).

Importe da multa coa aplicación do 40 % de desconto: setecentos oitenta euros (780 €).