Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Mércores, 26 de abril de 2017 Páx. 19487

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 11 de abril de 2017, da Xefatura Territorial de Celeiro, polo que se notifica a resolución do expediente PSC-LU-0019/2016-PPM e dous máis.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio a resolución do expediente PSC-LU-0019/2016-PPM e dous máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o prazo para presentar o recurso computarase desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na avenida Gerardo Harguindey Banet, 2, Viveiro, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento.

Contra a resolución do expediente de referencia, que non pon fin á vía administrativa, poderán as persoas interesadas interpoñer recurso de alzada ante a conselleira do Mar no prazo dun mes, contado o dito prazo a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE, de conformidade co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, en relación coa disposición transitoria terceira, letra c) da mesma lei.

Celeiro, 11 de abril de 2017

Pablo Ramón Fernández Asensio
Xefe territorial de Celeiro

ANEXO

Expediente: PSC-LU-0019/2016-PPM.

Persoa interesada: Carlos José López López.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: r/ Rosalía de Castro, 13, 5º A, Ribadeo.

Expediente: PSC-LU-0022/2016-PPM.

Persoa interesada: Luís Ángel Veiga Méndez.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: r/ Enrique Granados, 7, bl. 41, 2º A, Ferrol.

Expediente: PSC-LU-0024/2016-PPM.

Persoa interesada: José Rey Couto.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: r/ Ramón Basanta Ben, 23, Burela.