Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Xoves, 27 de abril de 2017 Páx. 19786

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 29 de marzo de 2017, da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, pola que se anuncia a licitación para a contratación do servizo de mantemento integral de equipamento electromédico e outro equipamento.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde-Xerencia de Xestión Integrada da Coruña.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Contratación da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña.

2º. Domicilio: Paseo do Xeneral Sir John Moore, 2-1ª planta.

3º. Localidade e código postal: A Coruña, 15001.

4º. Teléfono: información de índole técnica: 981 17 80 00 (extensións 272332 e 272320) e información de índole administrativa: 981 17 80 73 e 981 17 80 34.

5º. Telefax: 981 17 80 32.

6º. Correo electrónico: Contratacion.XXIACoruna@sergas.es

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

8º. Data límite de obtención da documentación e información: ata a data límite da presentación das ofertas, todos os días laborables, das 9.00 ás 14.00 horas.

d) Número do expediente: AB-EIC1-17-001.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato de servizos.

b) Descrición do obxecto: contratación do servizo de mantemento integral de equipamento electromédico e outro equipamento desta xerencia.

c) División por lotes e número de lotes: non existen lotes.

d) Lugar de execución: centros dependentes da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña.

e) Prazo de execución/entrega: 36 meses desde a data de entrada en vigor do contrato.

f) Admisión de prórroga: non.

g) CPV: 50420000-5.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: os establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares (cláusula 6.5.1.).

4. Valor estimado do contrato:

a) 3.904.958,68 € (tres millóns novecentos catro mil novencentos cincuenta e oito euros e sesenta e oito céntimos).

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 3.904.958,68 € (tres millóns novecentos catro mil novencentos cincuenta e oito euros e sesenta e oito céntimos).

b) Importe total: 4.725.000,00 € (catro millóns setecentos vinte e cinco mil euros).

6. Garantías exixidas:

a) Provisional: non.

b) Definitiva: si. Equivalente ao 5 % do importe de adxudicación, excluido o IVE.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non exixible.

b) Solvencia:

Solvencia económica e financeira: deberase xustificar segundo o sinalado no punto 6.6.2.h) do prego de cláusulas administrativas particulares.

Solvencia técnica e profesional: deberase xustificar segundo o sinalado no punto 6.6.2.j) do prego de cláusulas adminstrativas particulares.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do día 16.5.2017.

b) Modalidade de presentación: directamente no lugar indicado na alínea c) deste punto. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos ou anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da oferta mencionada mediante telegrama ou fax o mesmo día. O número de fax é o 981 17 80 32.

c) Lugar de presentación: A Coruña.

1º. Dependencia: Rexistro da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, Hospital Abente y Lago.

2º. Domicilio: Paseo do Xeneral Sir John Moore, nº 2-2ª planta.

3º. Localidade e código postal: A Coruña 15001.

d) Admisión de variantes: non se admiten.

e) Prazo durante o cal o licitador está obrigado a manter a súa oferta: segundo o recollido o artigo 161 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

9. Apertura de ofertas:

a) Lugar: Hospital Abente y Lago.

b) Enderezo: salas de reunións do Hospital Abente y Lago. Paseo do Xeneral Sir John Moore, nº 2.

b) Localidade e código postal: A Coruña 15001.

c) Data e hora: as datas de celebración de apertura do sobre B relativo a criterios non avaliables de forma automática e do sobre C relativo a criterios avaliables de forma automática, publicaranse no perfil do contratante: www.sergas.es

10. Gastos de publicidade: por conta dos adxudicatarios. Ver prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 29.3.2017.

A Coruña, 29 de marzo de 2017

Luis Verde Remeseiro
Xerente de Xestión Integrada da Coruña