De acordo co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois de tentada a notificación persoal, emprázase a persoa interesada identificada no anexo para ser notificada por comparecencia.
A resolución obxecto de notificación ditouna o secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, por delegación do conselleiro, e ten por obxecto a paga extraordinaria por antigüidade na empresa (VI Convenio colectivo de empresas de ensino privado sostidas total ou parcialmente con fondos públicos).
A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.
A notificación da resolución poderá recollerse na sede da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, sita en Santiago de Compostela; Edificio Administrativo San Caetano, bloque 1, 2º andar; o horario, entre as 9.00 e as 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o dito prazo sen que se produza a comparecencia, a notificación entenderase efectuada a partir do día seguinte ao último día do prazo fixado.
Santiago de Compostela, 4 de abril de 2017
José Manuel Pinal Rodríguez
Director xeral de Centros e Recursos Humanos
ANEXO
Persoa interesada: María Julia Reboredo Grela.