Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Xoves, 27 de abril de 2017 Páx. 19674

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 7 de abril de 2017 pola que se convocan procedementos selectivos de ingreso e acceso ao corpo de profesores de ensino secundario, de acceso ao corpo de profesores de música e artes escénicas, e de ingreso ao corpo de profesores técnicos de formación profesional, ao corpo de mestres e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional e mestres da Comunidade Autónoma de Galicia.

Advertidos erros na citada resolución publicada no Diario Oficial de Galicia número 73, do 17 de abril de 2017, cómpre efectuar as seguintes correccións:

Na páxina 17905, na especialidade de Hostalaría e Turismo, na epígrafe de titulacións débense engadir as seguintes:

«Licenciado en Administración e Dirección de Empresas

Licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais, sección Empresariais

Licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais, sección Empresariais e Economía da Empresa

Licenciado en Ciencias Empresariais

Licenciado en Economía»

Na especialidade de Organización e Proxectos de Fabricación Mecánica, onde di:

«Enxeñeiro técnico:

– Aeronáutico, especialidade en Aeoronas ou en Equipos e Materiais Aeroespaciais»

debe dicir:

«– Aeronáutico, especialidade en Aeronaves ou en Equipos e Materiais Aeroespaciais»

Na páxina 17907, na especialidade de Sistemas e Aplicacións Informáticas, na epígrafe de titulacións débense engadir as seguintes:

«Licenciado en Ciencias, sección Física

Licenciado en Ciencias, sección Matemáticas

Licenciado en Ciencias Físicas

Licenciado en Ciencias Matemáticas

Licenciado en Física

Licenciado en Matemáticas

Enxeñeiro técnico:

– Industrial, especialidade en Electrónica Industrial

– Telecomunicación, en todas as súas especialidades

Diplomado en Estatística»

Na páxina 17915, no número 3.2.a) do anexo II, onde di:

«Por publicacións de carácter didáctico sobre a disciplina obxecto do concurso ou directamente relacionadas coa organización escolar: ata 0,500».

Debe dicir:

«Por publicacións de carácter didáctico sobre a disciplina obxecto do concurso ou directamente relacionadas coa organización escolar: ata 0,750».

Na páxina 17916, no número 3.2.b) do anexo II, onde di:

«Por publicacións de carácter científico sobre a disciplina obxecto do concurso: ata 0,500».

Debe dicir:

«Por publicacións de carácter científico sobre a disciplina obxecto do concurso: ata 0,750».

Na páxina 17924, no exercicio práctico de Equipos Electrónicos no número 3, onde di:

«3. Configuración de sistemas de produción e emisión de sinais de televisión e de radio, recepción de sinais de televisión e de radio, telefonía e datos, así como diagnóstico e localización de avarías nos ditos sistemas».

Debe dicir:

«3. Configuración, deseño e programas de sistemas controlados con microcontrolador a partir dos datos dun proxecto».

Na páxina 17929, no exercicio práctico de Linguaxe Musical, na alínea b), onde di:

«Acordeón, clarinete, guitarra, frauta travesa, óboe, piano, viola e violín».

Debe dicir:

«Acordeón, clarinete, guitarra, frauta travesa, óboe, piano, viola, violín e violoncello».

Nas páxinas 17929 e 17930 debe eliminarse o exercicio práctico de Historia da Música.