Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Venres, 28 de abril de 2017 Páx. 21405

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANUNCIO do 6 de abril de 2017, do Servizo de Mobilidade da Coruña, polo que se notifican os acordos de incoación de expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres devoltos polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente XC-00580-O-2017 e seis máis).

A persoa titular do Servizo de Mobilidade da Coruña acordou a incoación do expediente sancionador XC-00580-O-2017 e seis máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación do acordo de incoación por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse os acordos de incoación ditados ás persoas interesadas.

Infórmaselles que os expedientes sancionadores se atopan á súa disposición nas oficinas do Servizo de Mobilidade da Coruña.

Outorgáselles un prazo quince días hábiles contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE para alegar o que consideren conveniente, presentando ou propoñendo as probas que consideren oportunas.

No suposto que decida voluntariamente pagar a sanción antes de que transcorran trinta días contados desde o seguinte ao da publicación do presente anuncio no BOE, a súa contía reducirase nun 30 % na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres. A realización do dito pagamento implica a conformidade cos feitos denunciados, a renuncia a formular alegacións por parte da persoa interesada e a terminación do procedemento sancionador.

A Coruña, 6 de abril de 2017

César Concheiro Ceide
Instrutor xefe do Servizo de Mobilidade da Coruña

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciado

DNI/CIF

Infracción denunciada

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción proposta

XC-00580-O-2017

7738-JFC

Transportes TGJM Bierzo, S.L.

B24688095

Exceso no tempo de condución bisemanal (90 horas). Máis de 90 horas ata 100 horas.

16.11.2016; 11.59; N634; 709,5

Art. 142.17 LOTT

Art. 143.1.a) LOTT

100 euros

XC-00581-O-2017

7738-JFC

Transportes TGJM Bierzo, S.L.

B24688095

A condución sen respectar as pausas regulamentariamente exixidas. Superior a 4 horas e 30 minutos e inferior ou igual a 5 horas.

16.11.2016; 12.06; N634; 709,5

Art. 142.17 LOTT

Art. 143.1.a) LOTT

100 euros

XC-00620-O-2017

8975-FFK

Agrocosta, S.L.

B27110824

Transportar mercadorías perigosas utilizando vehículos ou colectores carecendo da marca de advertencia para materias que presentan un risco de asfixia cando se usan para fins de refrixeración ou acondicionamento, cando sexa aplicable, así como levala ilexible.

30.1.2017; 16.40; N547; 47,5

Art. 140.15.5 LOTT

Art. 143.1.i) LOTT

801 euros

XC-00683-O-2017

6943-HXS

Transfober, S.L.

B70216791

A condución sen respectar as pausas regulamentariamente exixidas. Superior a 4 horas e 30 minutos e inferior ou igual a 5 horas.

13.11.2016; 15.29; A-6; 560,5

Art. 142.17 LOTT

Art. 143.1.a) LOTT

100 euros

XC-00814-O-2017

4123-HBD

Carmen Aldrey Piñeiro y Otros, S.C.

J15425044

Non levar a bordo do vehículo a documentación formal que acredite a posibilidade legal de prestar o servizo.

17.2.2017; 5.36; AP-9; 79,5

Art. 142.8 LOTT

Art. 143.1.b) LOTT

201 euros

XC-00819-S-2017

7960JHN

Albemar Pex, S.L.

B94130648

Atenuante. Realizar transporte público de mercadorías utilizando un condutor que carece do CAP, se o obtén no prazo de 6 meses desde a data da denuncia.

17.2.2017; 8.35; N634; 0693,000

Art. 140.18 LOTT
Art. 141.25 LOTT

Art. 143.1.k) LOTT Art. 143.1.e) LOTT

601 euros

XC-00823-S-2017

4893JDW

Remansede de T.D.T., S.L.

B70105648

Atenuante. Realizar transporte público en vehículo lixeiro ao abeiro dunha autorización caducada, revogada ou que por calquera outra causa perdese a súa validez.

17.2.2017; 10.20

Art. 141.25 LOTT
Art. 140.1 LOTT

Art. 143.1.k) LOTT
Art. 143.1.f) LOTT

801 euros