Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Venres, 28 de abril de 2017 Páx. 21425

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 5 de abril de 2017 pola que se fai pública a formalización dun contrato administrativo (expediente PA 48-2016).

En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, que aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:

1. Contratación administrativa por lotes da xestión de servizos públicos, na modalidade de concerto, do servizo específico de estimulación terapéutica para persoas con alzhéimer e outras demencias neurodexenerativas nos concellos de Santiago de Compostela, A Estrada, Vilagarcía de Arousa, Marín, Tui, Ourense, Chantada e As Nogais. Tramitación documentalmente simplificada.

1.1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Política Social.

b) Dependencia que tramitou o expediente: Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade.

c) Número de expediente: PA 48-2016.

d) Enderezo na internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

1.2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: xestión de servizos públicos.

b) Descrición do obxecto: xestión de servizos públicos, na modalidade de concerto, do servizo específico de estimulación terapéutica para persoas con alzhéimer e outras demencias neurodexenerativas nos concellos de Santiago de Compostela, A Estrada, Vilagarcía de Arousa, Marín, Tui, Ourense, Chantada e As Nogais.

c) CPV: 85320000 servizos sociais.

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia.

e) Data de publicación do anuncio de licitación: 19 de outubro de 2016.

1.3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto.

1.4. Orzamento base de licitación:

Importe total: 207.144€ (IVE incluído).

1.5. Formalización:

– Lote 1: Santiago de Compostela.

a) Data: 1.3.2017.

b) Contratista: Servicios Asistenciales Riazor, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: 13.752 € (IVE incluído).

– Lote 2: A Estrada.

a) Data: 1.3.2017.

b) Contratista: Asociación Galega de Axuda a Enfermos de Alzhéimer (Agadea).

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: 12.240 € (exento IVE).

– Lote 3: Vilagarcía. Deserto.

– Lote 4: Marín.

a) Data: 1.3.2017.

b) Contratista: Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer de Pontevedra (Afapo).

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: 12.240 € (exento IVE).

– Lote 5: Tui.

a) Data: 1.3.2017.

b) Contratista: Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer e outras Demencias de Galicia (Afaga).

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: 12.240 € (exento IVE).

– Lote 6: Ourense.

a) Data: 1.3.2017.

b) Contratista: Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer de Ourense (Afaor).

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: 14.688 € (IVE incluído).

– Lote 7: Chantada. Deserto.

– Lote 8: As Nogais.

a) Data: 1.3.2017.

b) Contratista: Asociación de Familiares de Alzhéimer de Lugo (Afalu).

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: 12.240 € (exento IVE).

Santiago de Compostela, 5 de abril de 2017

O conselleiro de Política Social
P.D. (Orde do 3.3.2016)
Francisco Javier Abad Pardo
Secretario xeral técnico da Consellería de Política Social