Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Venres, 28 de abril de 2017 Páx. 21432

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 17 de abril de 2017, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se notifica o requirimento para facerse cargo dos bens incautados no expediente sancionador PESAN1 2010/510-5 e un máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio o requirimento para facerse cargo dun ben incautado.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o prazo para presentar o recurso computarase desde esa publicación.

As persoas interesadas dispoñen dun prazo de seis meses contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, para facerse cargo do ben incautado.

Os expedientes relacionados no anexo atópanse á disposición dos interesados nas oficinas da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Concepción Arenal, 8, 4º andar, Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Vigo, 17 de abril de 2017

Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Expediente: PESAN1 2010/510-5.

Persoa interesada: Juan Pedro Camejo Casanova.

NIF: 45554192R.

Último enderezo coñecido: r/ Marqués de Quintanar, nº 17, 2º A, Baiona.

Expediente: PESAN1 2011/078-5.

Persoa interesada: José Héctor Salamanca Vidal.

NIF: 36104471Z.

Último enderezo coñecido: rúa Gobernador, praia América, nº 13, Nigrán.