O texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, no seu artigo 30 atribúe ás comunidades autónomas as facultades de designación e separación dos vogais dos consellos de administración das autoridades portuarias de interese do Estado situadas no seu territorio, que deberán facerse necesariamente por proposta das administracións públicas e organismos e entidades que aqueles representen.
O acordo do Consello da Xunta de Galicia do 16 de setembro de 2010 faculta a persoa titular da consellería competente en materia de portos para o exercicio das devanditas competencias.
Polo exposto, en exercicio da facultade atribuída, por proposta do presidente do organismo público Portos do Estado,
DISPOÑO:
O cesamento de Carlos Rodríguez Soláns como vogal no Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Marín e Ría de Pontevedra en representación da Administración xeral do Estado, agradecéndolle os servizos prestados.
Santiago de Compostela, 19 de abril de 2017
Rosa María Quintana Carballo
Conselleira do Mar