1. Entidade adxudicadora:
a) Organismo: Galaria, Empresa Pública de Servizos Sanitarios, S.A.
b) Dependencia que tramita o expediente: Unidade de Contratación.
c) Obtención de documentación e información:
1º. Dependencia: Galaria Empresa Pública de Servizos Sanitarios, S.A.
2º. Domicilio: Edificio Administrativo do Sergas, San Lázaro, s/n, 3ª andar.
3º. Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.
4º. Teléfono: 981 57 76 50.
5º. Telefax: 981 57 78 43.
6) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es.
7º. Data límite de obtención de documentación e información: antes das 14.00 horas do día 31 de maio de 2017.
d) Número de expediente: AB-GLR1-17-004.
2. Obxecto do contrato:
a) Tipo: subministración.
b) Descrición: contratación da subministración dunha resonancia magnética móbil para a Unidade de Diagnóstico por Imaxe, Galaria, Empresa Pública de Servizos Sanitarios, S.A.
c) División por lotes/partidas e número: non.
d) Prazo de execución/entrega: cinco (5) meses.
e) CPV (referencia de nomenclatura): 33111610-0.
3. Tramitación e procedemento:
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Contratación suxeita a regulación harmonizada.
d) Criterios de adxudicación:
Concepto |
Puntuación |
– Criterios non valorables de forma automática (sobre B) |
0-50 |
Composición e características técnicas |
|
Tecnoloxía e características construtivas |
0-15 |
Modos de operación e interface de manexo |
0-15 |
Adaptación ao servizo de destino |
0-5 |
Valoración clínica da proba de funcionamiento do equipamento |
0-15 |
– Criterios valorables de forma automática (sobre C) |
0-50 |
Oferta económica |
0-40 |
Garantía e proposta de custo económico de mantemento integral |
0-6 |
Tempo de resposta do servizo técnico |
0-2 |
Formación |
0-1 |
Período de existencia de repostos |
0-1 |
Ver el prego de condiciones xurídicas.
4. Valor estimado do contrato: 2.098.866,00 €.
5. Orzamento base de licitación:
a) Orzamento sen IVE: 1.239.000,00 €.
b) Orzamento con IVE: 1.499.190,00 €.
6. Garantías exixidas:
a) Garantía provisional: non se exixe.
b) Garantía definitiva: 5 % do importe de adxudicación (excluído o IVE).
7. Requisitos específicos do contratista:
a) Solvencia económica e financeira: ver o prego de condicións xurídicas.
b) Solvencia técnica: Ver o prego de condicións xurídicas.
8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:
a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do día 31 de maio de 2017.
No caso de que o último día de presentación de solicitudes coincida en sábado, domingo ou festivo, o prazo de presentación prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.
b) Documentación que hai que presentar: ver o prego de condicións xurídicas.
c) Lugar de presentación: Rexistro de Galaria Empresa Pública de Servizos Sanitarios, S.A., Edificio Administrativo do Sergas, 3ª planta, San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela.
d) Admisión de variantes: non se admiten.
e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: segundo o recollido no artigo 161 do TRLCSP.
f) Outras informacións: toda información relativa ao expediente se fai pública na páxina web que se cita neste anuncio.
9. Apertura de ofertas:
a) Enderezo: Edificio Administrativo do Sergas, San Lázaro s/n.
b) Apertura sobre B, terá lugar no Edificio Administrativo San Lázaro no lugar e hora que se sinalen no perfil do contratante no décimo primeiro día natural contado desde o día seguinte á de finalización de presentación das ofertas. No caso de que o día sinalado coincida en sábado, domingo ou festivo, realizarase o seguinte día hábil. Apertura sobre C, publicarase no perfil do contratante.
c) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.
10. Gastos de publicidade: Serán por conta do adxudicatario. Ver pregos de condicións xurídicas.
11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 21 de abril de 2017.
Santiago de Compostela, 21 de abril de 2017
María Luisa Brandt Sanz
Directora xerente de Galaria, Empresa Pública de Servizos Sanitarios, S.A.