A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno crea, no seu artigo 33, a Comisión da Transparencia, atribuíndo no seu punto 2.a) a Presidencia desta á Valedora do Pobo.
No exercicio das función inherentes á presidencia da dita Comisión e, a proposta do Consello de Contas,
RESOLVO:
Primeiro. Que cesen Isabel Torralba Mena e Manuel José Santana Suárez como vogal e como suplente respectivamente da Comisión da Transparencia, en representación do Consello de Contas.
Segundo. Nomear a Manuel José Santana Suárez e a Isabel García Garrido como vogal e como suplente respectivamente da Comisión da Transparencia, en representación do Consello de Contas.
Santiago de Compostela, 20 de abril de 2017
Milagros María Otero Parga
Valedora do Pobo