Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Venres, 28 de abril de 2017 Páx. 21378

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (372/2013).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 372/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Francesc Xavier Barros Canabal contra Mateo Sancho Cardiel, Agencia Efe, S.A., sobre ordinario, ditouse sentenza o 8 de febreiro de 2017 co número 73/2017, cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Vistos por min, Paula Méndez Domínguez, maxistrada do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, os presentes autos de procedemento ordinario número 372/2013, seguidos por instancia de Francesc Xavier Barros Canabal, asistido polo letrado Sr. Quintáns López, contra Agencia Efe, S.A., representada por José María Cernuda Fernández e asistida polo letrado Sr. Máiz Barrena, e contra Mateo Sancho Cardiel, que non compareceu ao xuízo oral, en virtude das facultades que me foron dadas pola Constitución española dito a presente sentenza, con base nos seguintes.

Que, desestimando integramente a demanda interposta por Francesc Xavier Barros Canabal, contra Agencia Efe, S.A. e contra Mateo Sancho Cardiel, debo absolver e absolvo a demandada das peticións deducidas na súa contra.

Notifíquese ás partes a presente resolución, facéndolles saber que fronte a ela cabe recurso de suplicación perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

A anterior resolución entregarase á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Mateo Sancho Cardiel, en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 6 de abril de 2017

A letrada da Administración de xustiza