O Pleno da Corporación, na sesion ordinaria que tivo lugar o día 16 de febreiro de 2017, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:
Primeiro. Aprobar inicialmente a modificación puntual do PXOM e do PE-8 no ámbito do equipamento universitario EU-2 (grupo de vivendas de San Ignacio de Loyola), segundo o proxecto formulado pola Sección Municipal de Planeamento en febreiro de 2017.
Segundo. Someter o expediente a información pública durante o prazo de dous meses, mediante anuncios que para o efecto se publicarán no Diario Oficial de Galicia e nun xornal dos de maior difusión na provincia.
A documentación sometida a información pública abarcará todos os documentos do expediente tramitado, e incluirá:
– O resumo executivo que exixe o artigo 25.3 do Real decreto lexislativo 7/2015, polo que se aproba o texto refundido de la Lei do solo e rehabilitación urbana.
– A Resolución da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental do 14 de decembro de 2016, pola que se formula o informe ambiental estratéxico.
Terceiro. En cumprimento do que dispón o número 7 do artigo 60 da LSG, o Concello trasladará a documentación á Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, co fin de que por este órgano se outorgue audiencia aos municipios limítrofes e se soliciten os informes sectoriais autonómicos que resulten preceptivos.
O acordo de aprobación inicial determina ex lege, por aplicación do artigo 47.2 da LSG, a suspensión do outorgamento das licenzas que poidan resultar incompatibles coa nova ordenación proposta, durante o prazo máximo de dous anos, contado desde a aprobación inicial.
O que se publica co fin de que, durante o prazo de dous meses, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, os interesados poidan consultar o expediente no Servizo de Planeamento e Xestión e formular as alegacións que xulguen oportunas. Na páxina web do Concello http://transparencia.santiagodecompostela.gal/planeamento-en-tramitacion/, poderase consultar a documentación sometida a información pública.
Santiago de Compostela, 9 de marzo de 2017
O alcalde
P.D. (Decreto 3997/2015, do 16 de xuño)
Jorge Duarte Vázquez
Concelleiro delegado de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade