Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Venres, 28 de abril de 2017 Páx. 21470

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Santiago de Compostela

ANUNCIO de aprobación definitiva do estudo de detalle das parcelas EU-7, EU-2 e grupo de vivendas de San Ignacio de Loyola. SUP-5 Choupana-Campus Sur.

O Pleno da Corporación, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 16 de marzo de 2017, adoptou entre outros, o seguinte acordo:

– Aprobar definitivamente o estudo de detalle nas parcelas EU-7, EU-2 e grupo de vivendas de San Ignacio de Loyola (SUP-5 Choupana-Campus Sur), coas seguintes condicións:

1. No ámbito delimitado como fase 1, que se corresponde co do equipamento universitario EU-7, rúa Eira da Palleira e zona verde lindante -terreos todos eles incluídos no ámbito do Plan parcial do SUP-5-, as determinacións do estudo de detalle aplicaranse directamente, a partires da súa aprobación definitiva e entrada en vigor.

2. No ámbito delimitado como fase 2 -que se corresponde co equipamento universitario EU-2 e grupo de vivendas de San Ignacio de Loyola-, a ordenación pormenorizada que se establece no estudo de detalle queda condicionada ao que resulte da aprobación definitiva da modificación puntual do Plan xeral e do Plan especial do Campus Universitario no ámbito da reserva de equipamento universitario EU-2, actualmente en trámite.

O presente acordo de aprobación definitiva notificarase persoalmente aos interesados e publicarase no Diario Oficial de Galicia. Unha vez publicado o acordo, remitirase á Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio a documentación exixida polo artigo 88.3 da LSG, para os efectos de inscribir o estudo de detalle no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia.

Logo de que conste a inscrición no Rexistro, procederase a publicar a normativa no Boletín Oficial da provincia.

Contra o acordo da aprobación definitiva do citado estudo de detalle, poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio.

Santiago de Compostela, 22 de marzo de 2017

O alcalde
P.D. (Decreto 3997/2015, do 16 de xuño)
Jorge Duarte Vázquez
Concelleiro delegado de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade