Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Venres, 28 de abril de 2017 Páx. 21460

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 21 de abril de 2017 pola que se anuncia procedemento aberto, mediante tramitación ordinaria, para a contratación do servizo de apoio psicopedagóxico aos estudantes desta universidade nos campus de Vigo e Pontevedra (expediente 305/17).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Universidade de Vigo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Xestión Económica e Contratación.

c) Obtención de documentación e información:

• Dependencia: Servizo de Xestión Económica e Contratación.

• Enderezo: Edificio de Xerencia-Servizos Centrais Campus As Lagoas-Marcosende.

• Localidade e código postal: 36310 Vigo.

• Teléfono: 986 81 35 56.

• Telefax: 986 81 38 57.

• Correo electrónico: alabel@uvigo.es

• Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.tablon2.uvigo.es/index.asp?idm_abr=ga

• Data límite de obtención de documentación e información: ata a data de remate do prazo de presentación de ofertas.

d) Número de expediente: 305/17.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: servizo de apoio psicopedagóxico aos estudantes da Universidade de Vigo nos campus de Vigo e Pontevedra (Gabinete Psicopedagóxico).

c) División por lotes e número de lotes: non procede.

d) Lugar de execución/entrega:

• Campus das Lagoas-Marcosende (Edificio Miralles).

• Campus de Pontevedra-Vicerreitoría do Campus.

e) Prazo de execución: 2 anos a partir do día 17 de outubro de 2017, ou o día seguinte ao da sinatura do contrato se esta última data é posterior. Non obstante, o contrato poderá ser prorrogado por outro ano máis, antes de que remate o período de vixencia inicial.

f) Admisión de prórroga: si.

g) C.P.V.: 85000000-9. Servizos de saúde e asistencia social. 80590000-6. Servizos de titoría.

h) C.P.A.: Q-Servizos de atención sanitaria e traballo social: 86.90 Outros servizos sanitarios. P-Servizos auxiliares de educación: 86.60.10.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: os indicados no número 16 da folla resumo de características do prego:

• Oferta económica (criterio automático): 60 puntos.

• Calidade da oferta técnica (criterio sometido a xuízo de valor): 40 puntos.

4. Valor estimado do contrato: 39.900 euros.

5. Importe de licitación:

• Gasto máximo autorizado sen IVE: 15,91 euros.

6. Garantías exixidas.

• Provisional: non se exixe.

• Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE.

• Complementaria: non se exixe.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económico-financeira e solvencia técnica e profesional: as que se indican respectivamente nos números 11 e 12 da folla de resumo de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Outros requisitos específicos: os indicados no número 13 da folla de resumo de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: o décimo quinto día natural siguiente ao da publicación desta resolución no DOG, ata as 14.00 horas.

b) Modalidade de presentación: papel, tres sobres A, B e C.

c) Lugar de presentación:

• Dependencia: Rexistro Xeral da Universidade de Vigo.

• Enderezo: Edificio de Xerencia Servizos Centrais, planta baixa, praza de Erasmo, s/n, Campus das Lagoas-Marcosende.

• Localidade código postal: Vigo 36310.

• Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres meses.

9. Apertura de ofertas:

a) Descrición: sesión pública para sobres B e C na sala de xuntas da Xerencia da Universidade de Vigo.

b) Enderezo: Edificio de Xerencia e Servizos Centrais, 2º andar, praza de Erasmo, s/n, Campus das Lagoas-Marcosende.

c) Localidade e código postal: Vigo 36310.

d) Data e hora: publicarase no perfil do contratante da Universidade de Vigo.

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario. Aproximadamente: 1.250 euros.

Vigo, 21 de abril de 2017

O reitor da Universidade de Vigo
P.D. (Resolución do 7.5.2014; DOG do 13 de maio)
Manuel Fernández Jáuregui
Xerente da Universidade de Vigo