Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Martes, 2 de maio de 2017 Páx. 21617

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO de citación (SSS 633/2015).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que por resolución ditada o día 5.4.2017, no proceso seguido por instancia de Leticia López Martínez contra MC Mutual, Inst. Nac. da Seguridade Social, Iglesias Garaboa, José A. y Otra, C.B., José A. Iglesias Garaboa, Diseño Pontevedra, S.L., Diseño As Cancelas, S.L., Diseño Hórreo 51 Bajo, S.L., Team Salon, S.L., Diseño Ramón Cabanillas, 16, S.L., Tesouraría Xeral da Seguridade Social, rexistrado co núm. SSS 633/2015, acordouse citar a Diseño Pontevedra, S.L., Diseño As Cancelas, S.L., Diseño Hórreo 51 Bajo, S.L., Team Salon, S.L., Diseño Ramón Cabanillas, 16, S.L., en ignorado paradoiro, a fin de que compareza na sala de vistas deste Xulgado do Social número 3, situado na rúa Berlín, s/n, polígono das Fontiñas, CP 15707 o día 30.5.2017 ás 9.30 horas, para a celebración do acto de xuízo, aos cales poden comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada, e que deberán acudir con todos os medios de proba de que se tenten valer, coa advertencia de que é única convocatoria e que os devanditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Fáiselle saber que ten ao seu dispor na oficina xudicial a cédula de citación, a copia da demanda e o decreto de admisión desta e demais resolucións e documentos que constan no procedemento.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

En caso de que pretenda comparecer ao acto do xuízo asistido de avogado ou representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, porá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, co obxecto de que, trasladada tal intención ao demandante, poida estar este representado tecnicamente por graduado social colexiado ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de se valer no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

E para que sirva de citación a Diseño Pontevedra, S.L., Diseño As Cancelas, S.L., Diseño Hórreo 51 Bajo, S.L., Team Salon, S.L., Diseño Ramón Cabanillas, 16, S.L., expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Santiago de Compostela, 7 de abril de 2016

A letrada da Administración de xustiza