Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Martes, 2 de maio de 2017 Páx. 21623

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 6 de abril de 2017, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se anuncia a licitación, suxeita a regulación harmonizada, mediante procedemento aberto e tramitación ordinaria, para a contratación por prezos unitarios do servizo da asistencia pericial aos órganos da Administración de xustiza de Galicia (4 lotes).

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Obtención da documentación e información:

1º. Dependencia: Secretaría Xeral Técnica.

2º. Domicilio: Complexo Administrativo San Caetano, bloque nº 1, 2º andar.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

4º. Teléfono: información de índole técnica: 981 54 62 28 e información de índole administrativa 981 54 45 17 e 981 95 73 49.

5º. Telefax: 981 54 42 39.

6º. Correo electrónico:

contratacion.vicepresidencia@xunta.gal ou rafael.juanatey.mayan@xunta.gal

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=137916

8º. Data límite da obtención de documentación e información: a mesma que para a presentación de ofertas.

d) Número do expediente: 2017-SEXU 18-19-20-21/EM.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato administrativo de servizos.

b) Descrición: servizo de asistencia pericial aos órganos da Administración de xustiza en Galicia.

c) División por lotes e número de lotes: catro.

Lote 1: xulgados, tribunais, fiscalías e unidades de policía xudicial da provincia da Coruña.

Lote 2: xulgados, tribunais, fiscalías e unidades de policía xudicial da provincia de Lugo.

Lote 3: xulgados, tribunais, fiscalías e unidades de policía xudicial da provincia de Ourense.

Lote 4: xulgados, tribunais, fiscalías e unidades de policía xudicial da provincia de Pontevedra.

d) Lugar de execución: en cada unha das sedes xudiciais das provincias indicadas na alínea anterior.

e) Prazo de execución: doce meses contados a partir do día seguinte ao da sinatura do contrato.

f) Admisión de prórroga: si.

g) CPV: 71319000-7. Servizo de peritaxe.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto e harmonizado.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: os establecidos na epígrafe J da folla de especificacións.

4. Valor estimado do contrato: 512.396,72 €.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 256.198,36 €.

Importe total: 310.000,00 €, desagregado por lotes do seguinte xeito:

Lote 1: importe neto: 144.947,36 €. Total: 175.386,30 €.

Lote 2: importe neto: 35.542,94 €. Total: 43.006,96 €.

Lote 3: importe neto: 16.864,86 €. Total: 20.406,48 €.

Lote 4: importe neto: 58.843,20 €. Total: 71.200,26 €.

6. Garantías exixidas:

Provisional: non se exixe.

Definitiva: 5 % do importe de licitación (IVE incluído).

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se exixe.

b) Solvencia:

Económica e financeira: deberá xustificarse polos medios sinalados na epígrafe F da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas.

Técnica e profesional: deberá xustificarse polos medios sinalados na epígrafe G da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: 16 de maio de 2017, ás 14.00 horas.

b) Modalidade de presentación: directamente no lugar indicado na alínea c) deste punto. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da mencionada oferta mediante telegrama ou fax o mesmo día. O número de fax é o 981 54 42 39.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Oficina de Rexistro Xeral e Información á Cidadanía do Complexo Administrativo San Caetano.

2º. Domicilio: Complexo Administrativo San Caetano.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

d) Admisión de variantes: non procede.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura de ofertas:

a) Descrición: sala D do Edificio de la Pirámide.

b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

d) Data e hora: terá lugar en acto público ás 12.15 horas do día 26 de maio de 2017.

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 6 de abril de 2017.

Santiago de Compostela, 6 de abril de 2017

Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza