Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Martes, 2 de maio de 2017 Páx. 21630

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 5 de abril de 2017, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se fai pública a declaración de impacto ambiental para o proxecto de ampliación dunha explotación avícola de ceba de pavos no lugar de Pedrouzos, concello do Páramo (Lugo), promovido por Granxa Fontao, S.C. (expediente 2016/0170).

De conformidade coa Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, artigo 41, número 3, faise pública a declaración de impacto ambiental do 4 de abril de 2017 relativa ao proxecto de ampliación dunha explotación avícola de ceba de pavos, sita no lugar de Pedrouzos, no concello do Páramo (Lugo), promovido por Granxa Fontao, S.C.

Esta declaración pódese consultar na ligazón http://www.cmati.xunta.es/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).

Santiago de Compostela, 5 de abril de 2017

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático