Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Mércores, 3 de maio de 2017 Páx. 21818

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 170/2015).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 170/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Juan Manuel Rodríguez Lamas contra Semar Aluminio, S.L., Sistemas Especiales Metálicos para la Arquitectura, S.L., Fogasa, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Sentenza 41/2017.

Demandante: Juan Manuel Rodríguez Lamas.

Demandados: Semar Aluminio, S.L., Sistemas Especiales Metálicos para la Arquitectura, S.L., Fogasa.

Avogados: (..), (…), Fogasa.

Santiago de Compostela, 23 de xaneiro de 2017

Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, despois de ver os presentes autos seguidos neste xulgado co número 170/2015, sendo parte nel, como demandante, Juan Manuel Rodríguez Lamas, asistido pola letrada Sra. Muíño Pose e, como demandados, Semar Aluminio, S.L. e Sistemas Especiales Metálicos para la Arquitectura, S.L., Marcial García, S.L., Marcial García Guillín, María Abel Fernández Tarrío e María del Carmen Guillín Rey, que non comparecen, malia a súa citación en legal forma, ao igual que o Fogasa (Fondo de Garantía Salarial), citado de oficio, pronunciou esta sentenza en nome do rei, con base nos seguintes:

Decisión: estímase a demanda interposta por Juan Manuel Rodríguez Lamas fronte a Semar Aluminio, S.L. e Sistemas Especiales Metálicos para la Arquitectura, S.L., Marcial García, S.L., Marcial García Guillín, María Abel Fernández Tarrío e María del Carmen Guillín Rey e, en consecuencia, son condenados solidariamente os demandados a aboarlle ao demandante a cantidade de 834,79 euros, máis o xuro do 10 %. Todo iso sen prexuízo da responsabilidade, se é o caso, do Fogasa.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución non cabe recurso de suplicación.

Así o acorda, manda e asina Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a María Abel Fernández Tarrío, en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírteselle a destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 10 de abril de 2017

A letrada da Administración de xustiza