En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:
1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Axencia Turismo de Galicia.
b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia Turismo de Galicia.
c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es
d) Data de publicación no perfil do contratante: 10 de xaneiro de 2017.
2. Obxecto do contrato.
a) Tipo de contrato: servizo.
b) Descrición do obxecto: levar a cabo todas as tarefas derivadas da organización, desenvolvemento, promoción, comunicación e difusión das VI Xornadas de portas abertas nas rutas dos viños de Galicia, promovidas por Turismo de Galicia, en colaboración coas asociacións das cinco rutas dos viños galegos: Monterrei, O Ribeiro, Rías Baixas, Ribeira Sacra e Valdeorras.
3. Tramitación e procedemento.
a) Tramitación: anticipada.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma de adxudicación: baseada en pluralidade de criterios.
4. Orzamento base de licitación.
Importe sen IVE: 70.247,93 €.
IVE (21 %): 14.752,07 €.
Importe total IVE incluído: 85.000,00 €.
5. Formalización do contrato.
a) Data de adxudicación: 29 de marzo de 2017.
b) Data de formalización do contrato: 11 de abril de 2017.
c) Adxudicataria: IN9 Eventos, S.L.
d) Importe de adxudicación: importe sen IVE: 62.871,90 €.
e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa ao obter a maior puntuación, en aplicación dos criterios de adxudicación establecidos no prego de cláusulas administrativas que rexe o procedemento.
Santiago de Compostela, 12 de abril de 2017
Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia