Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Mércores, 3 de maio de 2017 Páx. 21826

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 17 de abril de 2017, da Secretaría Xeral de Emprego, polo que se notifica a resolución dun recurso de alzada interposto contra a Resolución do 17 de decembro de 2014 (Diario Oficial de Galicia número 34, do 19 de xaneiro de 2015).

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, despois de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle á persoa relacionada no anexo a resolución do recurso de alzada interposto contra a Resolución do 17 de decembro de 2014 (Diario Oficial de Galicia núm. 34, do 19 de xaneiro de 2015).

O interesado poderá comparecer nas dependencias desta secretaría xeral, sita no Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, en Santiago de Compostela, 2º andar, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, para o coñecemento íntegro da resolución e a constancia de tal coñecemento nun prazo de quince (15) días.

A resolución do recurso potestativo de reposición pon fin á vía administrativa, o interesado poderá interpor recurso contencioso-administrativo perante do Xulgado do Contencioso-Administrativo no prazo de dous meses. A eficacia do acto administrativo queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que os mencionados prazos contaranse a partir do día seguinte ao de publicación deste anuncio no TEU do BOE.

Sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto no artigo 59.4 da citada Lei 30/1992, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 17 de abril de 2017

Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego

ANEXO

Interesado: Ignacio Santos Piñeiro.

Enderezo: r/ Pastor Díaz, nº 3, 6º, 36001 Pontevedra.

Nº de expediente: RP 1569/2015.

Acto que se notifica: resolución do recurso de alzada.

Data do acto: 13 de agosto de 2015.