Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Mércores, 3 de maio de 2017 Páx. 21782

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

ORDE do 26 de abril de 2017 pola que se amplía a dotación orzamentaria da Orde do 17 de marzo de 2017, pola que se establece o réxime de axudas á apicultura e se convocan para o ano 2017.

Mediante a Orde do 17 de marzo de 2017 (DOG núm. 61, do 28 de marzo), convocáronse para o ano 2017 as axudas á apicultura que teñen por obxecto establecer as bases reguladoras das axudas para o fomento daquelas actividades destinadas a mellorar a produción e comercialización dos produtos da apicultura en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento MR506A e MR506B).

O financiamento das axudas, recollido nesta orde de axudas no artigo 14, efectuarase con cargo a aplicación orzamentaria 13.03.713E.770.2 dos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia, inicialmente por un importe de cincocentos dezanove mil trescentos vinte euros (519.320 €). Esta axuda está cofinanciada polo Feaga da UE ata un 50 %, o Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente ata un 25 % e a porcentaxe restante a Xunta de Galicia.

A orde contempla no punto 5 do seu artigo 14 a posibilidade de incrementar a dotación orzamentaria previamente á resolución do expediente se existe unha xeración, ampliación ou incorporación de crédito con fondos adicionais. De acordo con isto, procede ampliar as axudas á apicultura por un importe de setenta e nove mil setecentos noventa euros con vinte e cinco céntimos (79.790,25 €), sendo a suma total da dotación orzamentaria da convocatoria, resultante despois da ampliación, de cincocentos noventa e nove mil cento dez euros con vinte e cinco céntimos (599.110,25 €).

En consecuencia, de conformidade co previsto no artigo 30.1.3 do Estatuto de autonomía de Galicia e no uso das facultades que me confire a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no uso das competencias que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia,

DISPOÑO:

Artigo único

1. A dotación orzamentaria prevista para as axudas á apicultura convocadas para o ano 2017, de acordo coa Orde do 17 de marzo de 2017 (DOG núm. 61, do 28 de marzo), increméntase no importe de setenta e nove mil setecentos noventa euros con vinte e cinco céntimos (79.790,25 €) na aplicación orzamentaria 13.03.713E.770.2.

2. En todo caso, a concesión das axudas reguladas na dita orde estará limitada ás dispoñibilidades orzamentarias.

3. A ampliación prevista no artigo único desta orde non afecta ao prazo de presentación de solicitudes establecido na Orde do 17 de marzo de 2017.

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Esta orde producirá efectos desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 26 de abril de 2017

Ángeles Vázquez Mejuto
Conselleira do Medio Rural