Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Mércores, 3 de maio de 2017 Páx. 21889

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilagarcía de Arousa

ANUNCIO dun novo tramite de información pública.

Por Resolución desta Alcaldía de 10 de abril de 2017, apróbase a apertura dun novo trámite de información pública da modificación puntual do PXOM para a ordenación detallada nunha parcela industrial situada na rúa Os Martices, s/n, e as modificacións introducidas respecto ao documento inicialmente aprobado.

De conformidade co establecido no artigo 60.6 da Lei do solo de Galicia, estarán expostos ao público na Xerencia de Urbanismo, durante o prazo de dous meses, a partir do día seguinte á súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vilagarcía de Arousa, 19 de abril de 2017

Alberto Varela Paz
Alcalde