Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Venres, 5 de maio de 2017 Páx. 22186

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 5 de abril de 2017, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 2016386AM-PO incoado por infraccións en materia de sanidade ambiental.

O 23 de novembro de 2016, a xefa territorial da Consellería de Sanidade en Pontevedra ditou o acordo de inicio do expediente sancionador 2016386AM-PO incoado a Hotel Vialmar, S.L.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula notifícaselle a Hotel Vialmar, S.L. o contido do referido acordo que figura como anexo para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste, ao abeiro do disposto no artigo 76 da Lei 39/2015, para presentar alegacións, ante esta xefatura territorial, no prazo de quince (15) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura, sita en Pontevedra, na avenida Fernández Ladreda, núm. 43-1º, e a obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto no artigo 53.1.a) da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Notifícaselle tamén que, de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, a iniciación poderá ser considerada proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso acerca da responsabilidade imputada, cos efectos previstos no artigo 64.2.f) da Lei 39/2015.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

A eficacia desta notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Pontevedra, 5 de abril de 2017

Ángeles Feijoo-Montenegro Fernández
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Número de expediente: 2016386AM-PO.

Denunciada: Hotel Vialmar SL., con CIF B36367878.

Último enderezo coñecido: Saramagoso, s/n, 36637 Meis.

Feito imputado: supostas infraccións en materia de sanidade ambiental.

Preceptos infrinxidos:

− Artigo 7 do Real decreto 865/2003, do 4 de xullo, polo que se establecen os criterios hixiénicos-sanitarios para a prevención e control da lexionelose.

− Artigos 5 e 17 do Real decreto 140/2003, do 7 de febreiro, polo que se establecen os criterios sanitarios da calidade da auga de consumo humano.

− Artigos 4, 10, 11 e 14 do Real decreto 742/2013, do 27 de outubro, polo que se establecen os criterios técnico-sanitarios das piscinas.

Tipificación: impútaselle unha infracción grave, segundo o artigo 42.e) da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia.

Sanción proposta: tres mil cinco euros (3.005,00 €).