Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Venres, 5 de maio de 2017 Páx. 22216

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 20 de marzo de 2017, da Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, pola que se fai pública a formalización do contrato de arrendamento, sen opción de compra, de nove vehículos para a súa utilización por diversos servizos.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras. Dirección de Recursos Económicos. Sección de Contratación Administrativa.

c) Número de expediente: AB-EIO1-16-007.

d) Enderezo da internet do perfil de contratante: www.sergas.es

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: arrendamento, sen opción de compra, de nove vehículos para a súa utilización por diversos servizos da Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.

c) División por lotes e número de lotes: lote único.

d) CPV (referencia de nomenclatura): 34100000-8.

e) Acordo marco (se procede): non.

f) Sistema dinámico de adquisicións (se procede): non.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, documentalmente simplificado.

4. Valor estimado do contrato: 202.036,37 €.

5. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 137.752,07 €. Importe total: 166.680,00 €.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 27 de febreiro de 2017.

b) Data de formalización do contrato: 16 de marzo de 2017.

c) Contratista: Cronorent, S.L. (NIF B95701843).

d) Importe ou canon de adxudicación:

Importe neto: 123.286,34 €. Importe total: 149.176,47 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: as recollidas na resolución de adxudicación.

Ourense, 20 de marzo de 2017

Dionisio López Bellido
Xerente de Xestión Integrada de Ourense, Verín
e O Barco de Valdeorras