Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Venres, 5 de maio de 2017 Páx. 22120

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 18 de abril de 2017 pola que se nomea profesora titular de universidade da área de coñecemento de Psicoloxía Evolutiva e da Educación a Susana Rodríguez Martínez.

De conformidade coa proposta da Comisión designada para xulgar o concurso de acceso que convocou esta universidade por Resolución do 22 de decembro de 2016 (BOE do 12 de xaneiro de 2017), para a provisión da praza número 16/006 de profesora titular de universidade da área de coñecemento de Psicoloxía Evolutiva e da Educación, departamento de Psicoloxía desta universidade, a favor de Susana Rodríguez Martínez, con DNI 78791937D, e unha vez que a interesada acreditara os requisitos establecidos na convocatoria.

Esta reitoría, no uso das atribucións que lle confire o artigo 20 da Lei 6/2001, do 21 de decembro, de universidades e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Susana Rodríguez Martínez, profesora titular de universidade da área de coñecemento de Psicoloxía Evolutiva e da Educación, departamento de Psicoloxía desta universidade.

No prazo máximo de vinte días, a contar desde o día siguiente á publicación deste nomeamento no Boletín Oficial del Estado, o candidato deberá tomar posesión do seu destino.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñer un recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Previamente, e con carácter potestativo, poderá interpoñer un recurso de reposición ante esta reitoría, no prazo dun mes, de acordo co establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro).

A Coruña, 18 de abril de 2017

Julio E. Abalde Alonso
Reitor da Universidade da Coruña