Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Venres, 5 de maio de 2017 Páx. 22136

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de decreto (ETX 233/2016).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza en substitución do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 233/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Jesús Ricardo Méndez Tato contra Coufe, S.L., Fogasa, foi ditada a seguinte resolución:

«Decreto.

Letrada da Administración de xustiza, Susana Varela Amboage.

Santiago de Compostela, 12 de abril de 2017.

Antecedentes de feito:

Primeiro. Jesús Ricardo Méndez Tato presentou demanda de execución contra Coufe, S.L., Fogasa.

Segundo. Foi ditado auto despachando execución no 16.12.2016 por un total de 3.495,61 euros en concepto de principal (2.601,22 euros en concepto de salarios e pagas extra e 894,39 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET respecto da cantidade anterior), máis outros 349,56 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, se poidan producir durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Terceiro. Non se encontraron bens susceptibles de embargo e deuse a preceptiva audiencia ao Fondo de Garantía Salarial e a Jesús Ricardo Méndez Tato.

Fundamentos de dereito:

Único. Dispoñen os artigos 250 e 276 da LXS que, se non se tiver coñecemento da existencia de bens suficientes do executado nos cales facer embargo, se practicarán as indagacións procedentes e, se foren infrutuosas, total ou parcialmente, o/a letrado/a da Administración de xustiza da execución ditará decreto de insolvencia despois de oír o Fondo de Garantía Salarial e a parte demandante.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva.

Acordo:

a) Declarar o executado Coufe, S.L. en situación de insolvencia total polo importe de 3.495,61 euros en concepto de principal (2.601,22 euros en concepto de salarios e pagas extra e 894,39 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 ET respecto da cantidade anterior), máis outros 349,56 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, se poidan producir durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisoria.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución se a partir deste momento se coñeceren novos bens do executado.

c) Unha vez firme a presente resolución, procédase á súa inscrición no rexistro correspondente.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que, en aplicación do mandado contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se é o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin, producirán plenos efectos e as notificacións neles tentadas sen efecto serán válidas en canto non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou semellantes, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que se deberá interpor ante quen dita a resolución no prazo dos tres días hábiles seguintes á notificación, con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente (artigo 188 da LXS). O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario de réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros, na conta nº 0049 3569 9200 0500 1274 no Banco Santander, S.A., coa indicación “recurso” no campo do concepto, seguida do código “31 Social-Revisión de resolucións letrado da Administración de xustiza”. Se o ingreso se fixer mediante transferencia bancaria, deberá incluír, a seguir da conta referida, separado por un espazo, a indicación “recurso” seguida do “31 Social-Revisión de resolucións letrado da Administración de xustiza”. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada co formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Coufe, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 12 de abril de 2017

A letrada da Administración de xustiza