Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Luns, 8 de maio de 2017 Páx. 22310

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

RESOLUCIÓN do 19 de abril de 2017 pola que se dá publicidade a unha encomenda de xestión ao medio propio Fundación Pública Galega Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia, que se executará durante o exercicio 2017.

1. Resolución do 19 de abril de 2017, da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, pola que se encarga ao medio propio Fundación Pública Galega Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia (Cesga) o servizo de cálculo intensivo e comunicacións para o servizo de predición.

– Actividade: servizo de cálculo intensivo e de comunicacións para o servizo de predición de Galicia.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: esta encomenda ten natureza intersubxectiva ao ter a Fundación Cesga a consideración de medio instrumental da Administración, de conformidade co disposto nos artigos 45 e 47 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico.

– Prazo de vixencia: desde o día seguinte ao da sinatura da resolución; a data máxima para a finalización dos traballos será o 31 de decembro de 2017 ou ata a total execución das unidades orzadas.

– Financiamento: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2017; aplicación orzamentaria 07.02.541E.640.1.

Santiago de Compostela, 19 de abril de 2017

Beatriz Mato Otero
Conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio