Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Luns, 8 de maio de 2017 Páx. 22404

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 17 de abril de 2017 pola que se dá publicidade da resolución de concesión das axudas aos servizos de análise do potencial competitivo, profesionalización e desenvolvemento estratéxico (Programa Re-Acciona), cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

Mediante Resolución do 19 de xullo de 2016 publicouse o acordo do Consello de Dirección que aprobou as bases reguladoras das axudas aos servizos de análise do potencial competitivo, profesionalización e desenvolvemento estratéxico (Programa Re-Acciona), cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (DOG núm. 146, do 3 de agosto) e procedeuse á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva.

As ditas bases establecen no seu artigo 7.5 que, con carácter xeral, non se enviarán notificacións individuais da resolución, e substituirase a notificación individual pola publicación na páxina web do Igape no enderezo www.tramita.igape.es.

Na súa virtude e de conformidade coas facultades que teño conferidas,

RESOLVO:

Primeiro. Anunciar a publicación do texto completo da Resolución de concesión do 7 de abril de 2017 da cuarta convocatoria das axudas do Igape aos servizos de análise do potencial competitivo, profesionalización e desenvolvemento estratéxico (Programa Re-Acciona), cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020, no enderezo www.tramita.igape.es (epígrafe «Consulta de resolucións definitivas» http://www.igape.es/gl/oficina-virtual/resolucions-definitivas).

Segundo. A Resolución do 7 de abril de 2017 esgota a vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Non obstante, previamente poderá interpoñer un recurso de reposición ante a persoa titular da Dirección Xeral do Igape, dentro do prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG.

Santiago de Compostela, 17 de abril de 2017

Juan Manuel Cividanes Roger
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica