Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Martes, 9 de maio de 2017 Páx. 22547

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 25 de abril de 2017, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se dá publicidade da relación de entidades colaboradoras adheridas ao abeiro da Orde do 9 de marzo de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, relativa ao Plan Renove de instalacións eléctricas comúns, así como a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se procede á convocatoria para a anualidade 2017 (códigos de procedemento IN412E-IN412F).

De conformidade co disposto no artigo 13.4 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega, e nos artigos 5 e 6 das bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, relativa ao Plan Renove de instalacións eléctricas comúns, así como a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se procede á súa convocatoria (código do procedemento IN412E), procédese por medio desta resolución dar publicidade ás entidades colaboradoras adheridas para a xestión das axudas relativas ao Plan Renove de instalacións eléctricas comúns 2017.

As entidades colaboradoras do Plan Renove de instalacións eléctricas comúns son as encargadas de tramitar o procedemento (facer a reserva dos fondos, presentar a solicitude e presentar a documentación xustificativa da actuación).

Os interesados poderán consultar as entidades adheridas no seguinte enderezo (https://entidadescolaboradoras.xunta.gal/electricas/consulta) e no enlace habilitado na páxina web da Consellería de Economía, Emprego e Industria (http://ceei.xunta.gal/recursos/axudas-e-subvencions/direccion-xeral-de-enerxia-e-minas).

Santiago de Compostela, 25 de abril de 2017

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas