Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Martes, 9 de maio de 2017 Páx. 22646

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 20 de abril de 2017, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural, pola que se fai pública a formalización do contrato dun servizo integral de helicópteros e brigadas con destino á prevención e defensa contra os incendios forestais, e á prevención, vixilancia e coordinación de medios aéreos de defensa contra incendios forestais durante os anos 2017 e 2018, dous lotes, proposta 72/16-I (expediente 2/2017).

En cumprimento do disposto no artigo 154.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería do Medio Rural.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato administrativo de servizos.

b) Descrición do obxecto: servizo integral de helicópteros e brigadas con destino á prevención e defensa contra os incendios forestais, e á prevención, vixilancia e coordinación de medios aéreos de defensa contra incendios forestais durante os anos 2017 e 2018.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=93757

d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOUE do 22 de decembro de 2016, BOE do 29 de decembro de 2016 e DOG do 11 de xaneiro de 2017.

e) División por lotes e número: si, lote 1: helicópteros de tipo lixeiro co persoal das brigadas helitransportadas correspondentes; lote 2: helicóptero e técnicos coordinadores.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria e aberto suxeito a regulación harmonizada.

4. Orzamento de licitación.

Importe neto: 3.877.530,00 € (IVE exento).

Valor estimado: 8.344.396,00 € (incluídas posibles prórrogas e modificacións)

5. Financiamento: fondos propios libres.

6. Adxudicación e formalización do contrato.

Lote 1: helicópteros de tipo lixeiro co persoal das brigadas helitransportadas correspondentes.

a) Data de adxudicación: 10 de marzo de 2017.

b) Adxudicataria: UTE Babcock Missión Critical Services Galicia, S.L., Babcock Mission Critical Services España, S.A., Consultoría Natutecnia, S.L.

c) Importe: 3.203.442 €, exento de IVE.

d) Data de formalización do contrato: 7 de abril de 2017.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: foi a única oferta presentada e cumpre os requisitos sinalados nos pregos.

Lote 2: helicóptero e técnicos coordinadores.

Data da resolución que declara deserta a licitación: 10 de marzo de 2017.

Santiago de Compostela, 20 de abril de 2017

Mª del Carmen Bouso Montero
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural