Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Xoves, 11 de maio de 2017 Páx. 23217

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Mos

ANUNCIO de licitación do servizo de axuda no fogar.

No Pleno do 29 de marzo de 2017, acordouse a desistencia do procedemento de adxudicación do servizo de axuda no fogar e aprobouse un novo expediente de contratación e pregos de condicións do servizo de axuda no fogar no concello de Mos.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Mos.

2. Obxecto do contrato: servizo de axuda no fogar no concello de Mos.

CPV 85310000-5.

Duración do servizo: dous (2) anos con posibilidade de prórroga ata un máximo de catro (4) anos.

3. Procedemento: aberto.

4. Prezo do contrato: o valor estimado (catro anos) do contrato é de 2.316.046,77 € máis IVE.

5. Garantías. Provisoria: non se exixe. Definitiva: 5 % do importe da adxudicación.

6. Obtención de información e documentación: a través da páxina web do Concello: https://www.mos.es/ e no concello de Mos. R/ Reguengo, 1, Petelos. 36416. Mos. (Pontevedra). Teléfono: 986 33 12 00, Telefax: 986 33 66 18.

7. Requisitos xerais do contratista sinalados no prego de condicións administrativas. Clasificación: non se exixe.

8. Presentación de proposicións:

a) Prazo e lugar: no concello de Mos (Pontevedra) durante os vinte e seis (26) días hábiles desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no último dos boletíns en que apareza (BOP, DOG e BOE) ou 52 días naturais contados desde a data do envío do anuncio á Oficina de Publicacións Oficiais da Comunidade Europea, das 9.00 á 14.00 horas de luns a venres, no Rexistro Xeral do concello, ou por calquera outro medio a que se refire o artigo 16 da Lei 39/2015.

b) Documentación que cómpre presentar: as proposicións en sobres pechados, coas inscricións e contendo a documentación que se sinala nos pregos de condicións.

9. Apertura das ofertas: na casa do concello de Mos, o sexto (6º) día hábil seguinte ao de finalización do prazo para a presentación de proposicións (para efectos da apertura, o sábado considerarase inhábil).

10. Gastos dos anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Mos, 29 de marzo de 2017

Nidia Mª Arévalo Gómez
Alcaldesa