1. Entidade adxudicadora: Concello de Pontevedra. Rúa Michelena, núm. 30, 36071 Pontevedra. Órgano de contratación: Xunta de Goberno Local.
2. Obxecto: servizo do seguro de bens (continente e contido) do Concello de Pontevedra.
3. Procedemento e forma: aberto con criterios dun tipo. SARA.
4. Valor estimado: 308.000,00 €, IVE excluído.
5. Garantía provisional: non se precisa. Garantía definitiva: 5 % do prezo de adxudicación do contrato.
6. Obtención de documentación e información: Servizo de Contratación. Concello de Pontevedra. Michelena, 30, 36071 Pontevedra. Tfno: 986 80 43 29. Fax: 886 21 28 43. www.pontevedra.gal.
7. Presentación de ofertas: cláusulas 6 e 7 e anexo ao prego de cláusulas administrativas particulares.
8. Criterios de adxudicación e apertura de ofertas: segundo se especifica nos pregos.
• Cuantificables por xuízo de valor: non existen.
• Avaliables automaticamente: prezo, melloras técnicas, participación en beneficios e redución de franquías.
Pontevedra, 7 de abril de 2017
O alcalde
P.D. (Resolución do 13.6.2015)
Raimundo González Carballo
Concelleiro da Área de Contratación e Facenda