Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Venres, 12 de maio de 2017 Páx. 23378

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 24 de abril de 2017 pola que se fai pública a declaración da desistencia do procedemento aberto de licitación do contrato de servizo de transporte marítimo para o complexo da illa de San Simón, concello de Redondela (Pontevedra), dependente desta consellería (expediente CU-13/17-S).

De acordo co previsto no artigo 154 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, faise pública a declaración da desistencia do procedemento de licitación do contrato de servizos que a seguir se relaciona:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=116011

d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG núm. 50, do 13 de marzo de 2017.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizos, non suxeito a regulación harmonizada.

b) Descrición: servizo de transporte marítimo para o complexo da illa de San Simón, concello de Redondela (Pontevedra), dependente desta consellería.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria, con pluralidade de criterios.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación: 40.909,09 euros, IVE excluído.

5. Resolución de desistencia:

a) Data da resolución da desistencia: 12 de abril de 2017.

b) Causa da desistencia: durante o proceso de adxudicación detectáronse infraccións non emendables no prego de prescricións técnicas que rexía o contrato.

Santiago de Compostela, 24 de abril de 2017

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
P.D. (Orde do 25.1.2012)
Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria