Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Venres, 12 de maio de 2017 Páx. 23441

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Outeiro de Rei

ANUNCIO de modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento no núcleo rural de Cartel.

O Concello de Outeiro de Rei está a tramitar a modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento municipal para a delimitación do núcleo rural de Cartel polo que, unha vez realizada a tramitación ambiental simplificada e incorporado ao proxecto de modificación o contido do informe ambiental estratéxico, en cumprimento do establecido no artigo 78 da Lei 2/2016, do solo de Galicia, e do artigo 191.1.a) do Decreto 143/2016, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, exponse ao público polo prazo de dous meses a partir da publicación no Diario Oficial de Galicia, durante o cal se poderá consultar o expediente completo nas oficinas municipais, das 10.00 ás 15.00 horas, e na páxina web do concello www.concellodeouteiroderei.org, e facer as alegacións que considere oportunas.

Outeiro de Rei, 20 de abril de 2017

José Pardo Lombao
Alcalde