Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Luns, 15 de maio de 2017 Páx. 23638

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 8 de maio de 2017 pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto con pluralidade de criterios, do contrato de servizo de restauración das pinturas murais do muro norte da igrexa do mosteiro de San Xulián de Moraime, en Muxía (A Coruña) cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (80 %), no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, obxectivo temático 6, prioridade de investimento 6.3, obxectivo específico 6.3.1, actuación 6.3.1.1 (contratación documentalmente simplificada).

missing image file

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: servizos, non suxeito a regulación harmonizada.

b) Descrición do obxecto: servizo de restauración das pinturas murais do muro norte da igrexa do mosteiro de San Xulián de Moraime, en Muxía (A Coruña), cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (80 %), no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

c) Prazo de execución: máximo de cinco (5) meses, sen posibilidade de prórroga.

d) CPV (referencia de nomenclatura): 45454100-5.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: adxudicación baseada en pluralidade de criterios.

4. Orzamento base de licitación.

Importe sen IVE: 41.325,00 €.

IVE (21 %): 8.678,25 €.

Importe total: 50.003,25 €, IVE incluído.

Anualidades (IVE incluído):

2017: 50.003,25 €.

5. Garantías.

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do orzamento de adxudicación do contrato, IVE excluído.

6. Obtención de documentación e información.

a) O prego de cláusulas administrativas particulares e o prego de prescricións técnicas poderán ser examinados no Servizo de Contratación de Bens e Servizos Culturais da Secretaría Xeral Técnica.

b) Os pregos relativos a esta contratación poderanse obter no seguinte enderezo da internet: http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=161418

Información de índole administrativa: 981 54 48 71.

Información de índole técnica: 981 54 65 98.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia económica e financeira: deberase xustificar polos medios sinalados no punto13.1.g) do prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Solvencia técnica: deberase xustificar polos medios sinalados no punto 13.1.h) do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Compromiso de adscrición de medios: deberase xustificar polos medios sinalados no punto 13.1.i) do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: o décimo quinto día natural contado a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o día de finalización do prazo for inhábil, prorrogarase ata o primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que teñen que presentar os licitadores: ver o prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación das proposicións: no Rexistro Xeral da Xunta de Galicia, Edificio Administrativo San Caetano, 15781 Santiago de Compostela, en sobres pechados. Se as proposicións se cursan por correo, haberá que aterse ao previsto na cláusula 12.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Criterios de adxudicación: a oferta máis vantaxosa tendo en conta os criterios que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura das ofertas.

O acto público de apertura dos sobres B e C terá lugar na sala de xuntas da Subdirección Xeral de Xestión e Coordinación Cultural da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria na data e na hora que será anunciada no perfil do contratante
(http://www.contratosdegalicia.gal).

10. Gastos do anuncio: por conta do adxudicatario. O importe estimado máximo do Diario Oficial de Galicia por liña é 10,82 €.

Santiago de Compostela, 8 de maio de 2017

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
P.D. (Orde do 25.1.2012)
Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico de la Consellería de Cultura, Educación
e Ordenación Universitaria