Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Luns, 15 de maio de 2017 Páx. 23604

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Betanzos

EDICTO (228/2016).

Eduardo Paredes Simón, letrado da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Betanzos, polo presente anuncio:

No presente procedemento de xuízo verbal 228/16 seguido por instancia de Liteyca, S.L. fronte a Silfredo Vázquez Collazos ditouse sentenza, cuxa resolución é do teor literal seguinte:

Decido que debo estimar e estimo integramente a pretensión exercida pola mercantil Liteyca, S.L. fronte a Silfredo Vázquez Collazos e, en consecuencia, debo condenar e condeno este último a aboar á demandante a suma de 4.224,10 euros, con aplicación dos xuros do artigo 576 da LAC ata o seu completo e definitivo pagamento.

Todo iso con expresa imposición de custas á parte demandada.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra esta cabe interpoñer recurso de apelación no prazo de vinte días ante a Audiencia Provincial da Coruña.

Así o acordo mando e asino, Carmen López Moure, maxistrada xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Betanzos e o seu partido xudicial.

E encontrándose o devandito demandado, Silfredo Vázquez Collazos, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Betanzos, 11 de abril de 2017

O letrado da Administración de xustiza