Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Luns, 15 de maio de 2017 Páx. 23706

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de licitación (expediente As-43/2017).

1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña. a) Dependencia: Servizo de Contratación. b) Número de expediente: As-43/2017.

2. Obxecto do contrato: servizo de animación, de Papá Noel e paxes reais, por barrios, para dinamizar o comercio durante o Nadal. Duración: dous anos prorrogables por outro máis.

3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación: 30.000 € anuais (IVE incluído).

5. Garantía provisional: non se exixe.

6. Obtención de documentación: web municipal (perfil do contratante): www.coruna.es. Información: a) Teléfono: 981 18 42 19. b) Fax: 981 18 42 71. c) Enderezo: praza de María Pita, 1-2º.

7. Clasificación: non se exixe.

8. Presentación de proposicións: a) Prazo: quince días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. No caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará automaticamente prorrogado ao día hábil seguinte. b) Documentación que hai que presentar: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares. c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada.

9. Apertura de proposicións técnicas e económicas: a) Lugar: véxase o punto 6. b) Data e hora: publicarase no perfil do contratante.

10. Outras informacións: véxanse os pregos reguladores da contratación.

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

A Coruña, 8 de maio de 2017

O alcalde
P.D. (Decreto do 18.4.2017)
Alberto Lema Suárez
Tenente alcalde delegado da Área de Emprego e Economía Social