Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Luns, 15 de maio de 2017 Páx. 23589

III. Outras disposicións

Instituto Enerxético de Galicia

RESOLUCIÓN do 20 de abril de 2017 pola que se modifica un dos vogais da Comisión de seguimento da execución dos proxectos de desenvolvemento de natureza industrial, vinculados aos parques eólicos adxudicados conforme as ordes de convocatoria que regula a Lei 8/2009, do 22 de decembro.

O artigo 3 da Orde do 3 de abril de 2012 pola cal se aproba o Regulamento da Comisión de seguimento da execución dos proxectos de desenvolvemento de natureza industrial e do resto de criterios de selección vinculados aos parques eólicos adxudicados dentro das ordes de convocatoria que regula a Lei 8/2009, do 22 de decembro, establece a composición da comisión. O citado artigo sinala que exercerá a presidencia da citada comisión de seguimento a persoa titular do Instituto Enerxético de Galicia, que nomeará os cinco membros restantes, por proposta dos titulares da dirección xeral con competencias en materia de enerxía, do Inega e do Igape, que proporán aos seus representantes.

Por Resolución do 25 de novembro de 2015 procedeuse ao nomeamento dos membros da citada comisión.

Con data do 20 de marzo de 2017, o director do Igape remitiu á secretaría da Comisión de seguimento proposta para a modificación dun dos vogais nomeados en representación do seu instituto, en consecuencia

DISPOÑO:

O cesamento de Antonio Aguete Estévez como vogal e, neste mesmo acto noméase a Roberto Vieites Rodríguez como vogal da Comisión de seguimento da execución dos proxectos de desenvolvemento de natureza industrial en representación do Igape.

Santiago de Compostela, 20 de abril de 2017

Ángel Bernardo Tahoces
Director do Instituto Enerxético de Galicia