Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Luns, 15 de maio de 2017 Páx. 23686

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable

RESOLUCIÓN do 9 de maio de 2017 pola que se anuncia a contratación do servizo relativo á tramitación telemática dos modelos 610, 615 e 630, mediante tramitación documentalmente simplificada.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable, Cixtec.

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Xestión Económica e Réxime Interno do Cixtec.

c) Obtención da documentación e información:

1º. Dependencia: Cixtec.

2º. Enderezo: r/ Domingo Fontán, 9.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15702.

4º. Teléfono: 981 54 13 37.

5º. Telefax: 981 54 12 70.

6º. Enderezo electrónico: contratacion.rexistro@cixtec.es

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.cixtec.es

8º. Data límite de obtención da documentación e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

d) Número de expediente: 2017-012.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizos.

b) Descrición do obxecto: servizo relativo á tramitación telemática dos modelos 610, 615 e 630, mediante tramitación documentalmente simplificada.

c) Lugar de execución: o indicado no prego de prescricións técnicas.

d) Prazo de execución: 7 meses desde a formalización do contrato.

e) Admisión de prórroga: non.

f) CPV: 72212000-4.

3. Requisitos mínimos de solvencia.

a) Solvencia económica e financeira.

Medio: declaración sobre o volume anual de negocios do licitador, referido ao ano de maior volume de negocio dos tres últimos exercicios concluídos.

Criterio: considerarase solvente o licitador que acredite nun dos tres últimos exercicios que supera a contía de 97.500,00 € de volume de negocios. No caso de empresas cuxo período de actividade non abrangue os tres últimos exercicios, é necesario presentar a cifra de negocios do período de actividades da empresa, que deberá ser superior en todo caso á contía referida anteriormente, por ano ou fracción de ano acreditado.

O volume anual de negocios do licitador ou candidato acreditarase por medio das súas contas anuais aprobadas e depositadas no Rexistro Mercantil, se o empresario estiver inscrito no dito rexistro e, no caso contrario, polas depositadas no rexistro oficial en que deba estar inscrito. Os empresarios individuais non inscritos no Rexistro Mercantil acreditarán o seu volume de negocios mediante o seus libros de inventarios e contas anuais legalizados polo Rexistro Mercantil.

b) Solvencia técnica ou profesional.

Medio: relación dos principais servizos ou traballos similares ao obxecto da presente contratación realizados nos últimos cinco anos que inclúa importe, datas e o destinatario, sexa público ou privado.

Criterio: considerarase solvente o licitador que acredite nos últimos cinco anos a realización de traballos similares ao obxecto da presente contratación, nos cales o importe anual acumulado no ano de maior execución sexa igual ou superior ao 70 % do valor estimado do contrato.

Estimarase solvente o licitador que acredite a realización de traballos por un importe de 45.500,00 €, IVE non incluído.

Os servizos ou traballos efectuados acreditaranse da seguinte forma:

– Cando o destinatario sexa unha entidade do sector público: mediante certificados expedidos ou visados polo órgano competente.

– Cando o destinatario sexa un suxeito privado: mediante un certificado expedido por este ou mediante unha declaración do empresario.

4. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria, documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: pluralidade de criterios.

d) Criterios de adxudicación: os estipulados no prego de cláusulas administrativas particulares.

5. Valor estimado do contrato.

Importe: 65.000,00 euros.

6. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto: 65.000,00 euros. Importe total: 78.650,00 euros, distribuído nas seguintes anualidades:

Exercicio 2017: 67.414,29 €.

Exercicio 2018: 11.235,71 €.

7. Garantías exixidas.

Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE.

8. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional (se é o caso): a que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación de ofertas:

1º. Ofertas presentadas a través do Sistema de licitación electrónica da Xunta de Galicia (Silex): o prazo de presentación rematará ás 14.00 horas do décimo quinto (15) día natural contado a partir do seguinte ao da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia.

2º. Ofertas presentadas en sobre pechado: o prazo de presentación rematará ás 14.00 horas do décimo quinto (15) día natural contado a partir do seguinte ao da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia. De coincidir o dito día en sábado ou festivo, o prazo para a presentación das ofertas rematará o primeiro día hábil seguinte. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición de envío na oficina de Correos e comunicarlle ao órgano de contratación a remisión da dita oferta mediante telegrama ou fax (981 54 12 70) no mesmo día.

b) Modalidade de presentación: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1º. Documentación presentada a través do Sistema de licitación electrónica da Xunta de Galicia (Silex). Enderezo electrónico: www.conselleriadefacenda.es/silex

2º. Documentación presentada en sobre pechado:

Dependencia: Rexistro Xeral do Cixtec.

Enderezo: r/ Domingo Fontán, nº 9.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15702.

d) Admisión de variantes: non se admiten.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 2 meses.

10. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Cixtec.

b) Enderezo: r/ Domingo Fontán, nº 9.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Descrición: a data e a hora das mesas de apertura de criterios cuantificables mediante xuízo de valor e de criterios avaliables de forma automática por aplicación de fórmulas serán publicadas oportunamente no perfil de contratante e comunicaranse aos licitadores.

11. Gastos de anuncios: os gastos de anuncios serán por conta do adxudicatario e serán, como máximo, de 10,82 € por liña publicada no DOG.

Santiago de Compostela, 9 de maio de 2017

M. Mauro Fernández Dabouza
Director xeral do Centro Informático para a Xestión Tributaria,
Económico-Financeira e Contable