Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Martes, 16 de maio de 2017 Páx. 23988

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 27 de abril de 2017 pola que se fai pública a declaración de deserto do procedemento aberto multicriterio, convocado para a selección de oferta para a tramitación dunha concesión administrativa de ocupación de dominio público portuario, con destino á explotación de nave e rampla varadoiro para reparacións e mantemento de embarcacións no porto de Rianxo.

Mediante a Resolución do 27 de abril de 2017, o presidente de Portos de Galicia, en virtude das competencias conferidas polo artigo 6.3.g) da Lei 5/1994, do 29 de novembro, de creación da entidade pública Portos de Galicia, no artigo 9.h) do Decreto 227/1995, do 20 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da entidade pública, e sobre a base do disposto no segundo parágrafo do artigo 151.3 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público e na proposta formulada pola mesa de contratación, na súa xuntanza do 24 de abril de 2017, resolveu declarar deserto o procedemento aberto, publicado no DOG, número 134, do 15 de xullo de 2016, para a selección de oferta para a tramitación da concesión administrativa de ocupación do dominio público portuario con destino á explotación de nave e rampla varadoiro para reparacións e mantemento de embarcacións no porto de Rianxo, por falta de licitadores admitidos, ao considerar que a única oferta presentada non satisfai plenamente as necesidades de explotación portuaria, conforme os criterios de valoración de ofertas establecidos no prego de bases polo cal se rexe o devandito procedemento.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o xulgado do contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación da presente resolución, ou potestativamente recurso de reposición perante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da recepción da presente resolución (artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas).

O que se fai público en cumprimento do disposto no artigo 45 da Lei 39/2015.

Santiago de Compostela, 27 de abril de 2017

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia