Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Martes, 16 de maio de 2017 Páx. 23861

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ACORDO do 12 de abril de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Frades (expediente IN407A 2016/003-1).

Expediente: IN407A 2016/003-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: LMT, CT e RBT As Costas e Figueira e anexo 1.

Concello: Frades.

Características técnicas:

Liña eléctrica de media tensión aérea a CT Figueira, a 15 kV, cunha lonxitude de 0,382 km, con orixe no apoio nº 48 da LMT CES713, condutor tipo LA-56 mm2, e final no CT Figueira (proxectado).

Centro de transformación intemperie Figueira, cunha potencia de 100 kVA e unha relación de transformación de 15.000/400-230 V.

Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, do réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957, polo que se aproba o regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se consideran de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta con este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións no Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial de Economía, Emprego e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2-2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo.

Así mesmo, para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, cando as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre predios afectados sexan descoñecidos, se ignore o lugar de notificación ou ben, intentada esta, non se puidese practicar, a notificación farase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

A Coruña, 12 de abril de 2017

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2016/003-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: LMT, CT e RBT As Costas e Figueira e anexo 1.

Concello: Frades.

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados:

Número de predio: 1.

Cultivo: prado.

Propietario: herdeiros de Juan López Iglesias.

Afección de solo por servidume de paso de enerxía eléctrica:

– Metros lineais aéreos, 24.0.

– Metros cadrados aéreos, 165.0.

Número de predio: 2.

Cultivo: prado.

Propietario: Florentino Ramos Rial.

Afección de solo en pleno dominio: apoio número 48-1 - 2.0 m2.

Afección de solo por servidume de paso de enerxía eléctrica:

– Metros lineais aéreos, 74.0.

– Metros cadrados aéreos, 560.0.

Número de predio: 3.

Cultivo: prado.

Propietario: José Vilarelle Maroño.

Afección de solo en pleno dominio: apoio número 48-2 - 2.0 m2.

Afección de solo por servidume de paso de enerxía eléctrica:

– Metros lineais aéreos, 139.0.

– Metros cadrados aéreos, 1.024.0.

Número de predio: 4.

Cultivo: prado.

Propietario: Florentino Ramos Rial.

Afección de solo en pleno dominio: apoio número 48-3 (1/2) - 4.5 m2.

Afección de solo por servidume de paso de enerxía eléctrica:

– Metros lineais aéreos, 44.0.

– Metros cadrados aéreos, 320.0.

Número de predio: 5.

Cultivo: prado.

Propietario: Lino Gil Pardo e herdeiros de Mercedes Díaz Méndez.

Afección de solo en pleno dominio: apoio número 48-3 (1/2) e centros de transformación - 13.5 m2.

Afección de solo por servidume de paso de enerxía eléctrica:

– Metros lineais aéreos, 89.0.

– Metros cadrados aéreos, 645.0.