Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Martes, 16 de maio de 2017 Páx. 23834

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 747/2014 IP).

Tipo e número de recurso: RSU recurso de suplicación 747/2014 IP

Xulgado de orixe/autos: p. oficio autoridade laboral 748/2013 Xulgado do Social número 1 de Vigo

María Isabel Freire Corzo, letrada da Administración de xustiza da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que no procedemento de recurso de suplicación 747/2014 desta sección, seguido por instancia de Tesouraría Xeral da Seguridade Social contra Andrea Poledna, Yaneth Torrado Areval, Agnieszka Girejko, Lilian Rocío Pico Martínez, Janete López Pimentel, sobre outros dereitos laborais, a Sala do Social do Tribunal Supremo ditou a Sentenza do 1 de marzo de 2017, cuxa parte dispositiva é a seguinte:

Resolución

Por todo o exposto, en nome do rei e pola autoridad que lle confire a Constitución, esta Sala decidiu:

1. Estimar o recurso de casación para a unificación de doutrina interposto pola Tesouraría Xeral da Seguridade Social, representada e asistida polo letrado da Administración da Seguridade Social.

2. Casar e anular a sentenza ditada o 8 de xullo de 2015 pola Sala do Social del Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no recurso de suplicación núm. 747/2014, que resolveu o formulado contra a sentenza do Xulgado do Social número 1 de Vigo, do 28 de novembro de 2013, ditada nos autos núm. 748/2013, seguidos por instancia da Tesouraría Xeral da Seguridade Social contra Exclusivas Torrado Montero, SIL, Lilian Rocío Pico Martínez, Agnieszka Girejko, Andrea Poledna, Cleice Marinho de Souza e Janete Pimentel López.

3. Resolver o debate suscitado en suplicación estimando o da dita clase interposto pola Tesouraría Xeral da Seguridade Social e anular a Sentenza do Xulgado do Social núm. 1 de Vigo do 28 de novembro de 2013, ordenando repor as actuacións ao momento anterior a ditar sentenza para que o dito órgano xurisdicional, con liberdade de criterio, resolva sobre a demanda de oficio interposta pola Tesouraría Xeral da Seguridade Social.

4. Non efectuar ningún pronunciamento sobre custas.

Notifíquese esta resolución ás partes e insírase na colección lexislativa.

Así se acorda e asina. Seguen as sinaturas e a publicación».

E para que sirva de notificación en legal forma a Girejko Agnieszka, Andrea Poledna, Marinho De Souza Leice, Lilian Rocío Pico Martínez, Janete López Pimentel, na actualidade en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 24 de abril de 2017

A letrada da Administración de xustiza