Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Martes, 16 de maio de 2017 Páx. 23992

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arzúa

ANUNCIO de convocatoria para a contratación dun técnico en turismo por un período de catro meses.

Mediante Resolución da Alcaldía do 5 de maio de 2017, convócase proceso de selección para a contratación urxente con carácter temporal, a xornada completa, mediante o sistema de oposición libre, dun técnico en turismo, asimilado ao grupo C, subgrupo C1, para desenvolver un programa local de mellora e mantemento, atención e información ao peregrino e promoción do Camiño Francés.

O período de contratación é de catro meses.

O prazo de presentación de solicitudes e documentación é de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG.

As bases estarán á disposición dos interesados nas oficinas municipais e na paxina web do concello.

Arzúa, 10 de maio de 2017

José Luis García López
Alcalde