Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Martes, 16 de maio de 2017 Páx. 24005

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Porriño

ANUNCIO de licitación (expediente 03/17).

Por acordo da Xunta de Goberno local do 6.4.2017, aprobáronse os pregos que rexen a licitación seguinte:

1. Entidade adxudicadora: Concello do Porriño (expediente 03/17).

2. Obxecto do contrato: servizo de limpeza na Unidade Asistencial de Drogodependencias.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria/aberto.

4. Orzamento base de licitación: 29.040 € polos dous anos de contrato (24.000 €, máis 5.040 € en concepto de IVE) a razón dun máximo de 1.000 € máis IVE/mes.

5. Garantías: garantía definitiva: 5 % do importe de adxudicación.

6. Prazo de presentación das proposicións: quince (15) días naturais contados a partir do día seguinte ao da última publicación deste anuncio no DOG, no BOP e no perfil do contratante.

7. Apertura das ofertas: segundo o establecido nos pregos.

8. Gastos dos anuncios: por conta do licitador que resulte adxudicatario.

9. Páxina onde figuran os datos da convocatoria: www.contratosdegalicia.es

O Porriño, 18 de abril de 2017

Eva García de la Torre
Alcaldesa