Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Xoves, 18 de maio de 2017 Páx. 24240

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (ETX 180/2016).

Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fai saber que no procedemento execución de títulos xudiciais 180/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de María del Pino Martínez González contra Legend Informática, S.L., sobre despedimento, se ditou a resolución en que se acorda:

a) Declarar a executada Legend Informática, S.L. en situación de insolvencia por importe de 30.664,78 euros, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución se no sucesivo se coñecen novos bens do executado.

c) En canto sexa firme, inscribilo no rexistro correspondente.

E para que sirva de notificación en legal forma a Legend Informática, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 20 de abril de 2017

A letrada da Administración de xustiza