Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Xoves, 18 de maio de 2017 Páx. 24253

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

RESOLUCIÓN do 24 de marzo de 2017, da Dirección Xeral de Mobilidade, pola que se publica a transmisión do contrato de xestión do servizo público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada V-3061; XG-346.

A Dirección Xeral de Mobilidade, mediante a Resolución do 24 de marzo de 2017, autorizou a transmisión do contrato de xestión do servizo público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada V-3061; XG-346, San Martiño de Corvelle-Lugo, con anexos, con anexos, de titularidade de Jesús Manuel Vigo Hermida a favor de Jesús Fernando Vigo Mercador por cesión do seu anterior titular Jesús Manuel Vigo Hermida.

Procede a súa publicación unha vez que se cumpriron os requisitos aos cales se condicionou a dita autorización, polo que o novo contratista queda subrogado nos dereitos e obrigas do contrato.

Santiago de Compostela, 24 de marzo de 2017

Ignacio Maestro Saavedra
Director xeral de Mobilidade